Concello da Coruña

Concello da Coruña

O ceo está máis preto do que pensas

Dúas sesións gratis de planetario todos os últimos sábados de mes (excepto marzo, sesión que se traslada ao 6 de abril, e a do 27 de abril, que se adianta ao 20 de abril)

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 06/04/2024, 20/04/2024 á 01:00 , 25/05/2024, 29/06/2024

Horario:

Ás 11.30 h (Ceo para informados) e ás 13.00 h (Ceo do mes)

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Prezo:

A entrada é gratuíta, pero é necesario retirar unha invitación na recepción da Casa das Ciencias.

As invitacións repártense (máximo de dúas invitacións por persoa) media hora antes do inicio de cada sesión, ata completar a capacidade.

  • Ás 11.30 horas: O ceo para informados. Sesión en directo para maiores de 14 anos, destinada a un público afeito a observar o ceo nocturno e con coñecementos previos, cunha Postal planetaria a cargo de Borja Tosar, astrofísico colaborador dos Museos Científicos Coruñeses.
  • Ás 13.00 horas. O ceo do mes. Sesión en directo para maiores de 10 anos destinada a mostrar os detalles do ceo do mes entrante a público principiante.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión