Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de xuño de 2021

A alcaldesa anuncia unha actuación de reforzo da limpeza en todos os barrios da cidade

Os traballos céntranse na limpeza diaria das rúas con auga a alta presión e baldeo intensivo, na renovación das papeleiras, e na eliminación de pintadas e das malas herbas barrio a barrio

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, anunciou esta mañá que o Concello puxo en marcha unha actuación de reforzo da limpeza en todos os barrios da cidade. Os traballos, explicou, centraranse na limpeza das rúas con auga a alta presión e baldeo intensivo, na eliminación de pintadas e das malas herbas, así como na renovación de papeleiras. Trátase dunha actuación permanente, apuntou, que se realizará a diario e durante a vixencia do novo contrato de limpeza. "Que a Coruña sexa un referente de limpeza depende do esforzo de todas e todos, tanto da Administración como da veciñanza", sinalou a rexedora.

Para poder desempeñar estes labores de limpeza, empregarase nova maquinaria e vehículos dotados das últimas tecnoloxías e respectuosos co medio ambiente. O novo servizo de limpeza conta cun total de 219 equipos entre máquinas e vehículos. Son máis sustentables, eléctricos e de Gas Natural Comprimido (GNC), e con clasificación Cero Emisións ou Eco.

Rey lembrou que "o pasado 1 de outubro de 2020 o Concello da Coruña iniciou un novo contrato de limpeza na cidade, cun investimento por parte da concesionaria de máis de 5 millóns de euros en maquinaria punteira que xa se está a empregar nas tarefas de limpeza e cun cadro de persoal que supera as 270 persoas".

Desde o pasado mes de outubro, o novo servizo realizou labores de desinfección nas zonas máis transitadas durante o estado de alarma, tales como mercados, colexios ou centros oficiais, entre outras; iniciouse o servizo diario de limpeza no Polígono de Agrela e realizouse o mantemento da duna da praia de Riazor empregando unha maquinaria específica que evitou que as cicloxénesis explosivas afectaran negativamente ao Paseo Marítimo. Ao comezar a prestación do servizo, durante o período outonal, a prioridade foi a limpeza da folla, a limpeza intensiva do cemiterio de Santo Amaro, a eliminación das malas herbas e a limpeza con auga a alta presión nas beirarrúas da cidade. Posteriormente centráronse os esforzos no casco histórico e no barrio da Pescaría onde ademais se eliminaron todas as pintadas. Entre febreiro e marzo actuouse na zona de alta concentración hostaleira, na contorna da praza de María Pita; na eliminación do verdiño no Barrio das Flores e na limpeza de vertedoiros incontrolados en numerosos puntos do termo municipal.

Tamén comezaron a renovarse as papeleiras da cidade para "homoxeneizar os preto de 80 modelos que existen na actualidade e reducilos a catro tipos, dos cales dous acaban de saír ao mercado e instalaranse en primicia na Coruña", explicou a rexedora. Renovaranse un total de 3.400 papeleiras, das que até o momento xa se levan mudado 200. Rey recordou que o Concello puxo en marcha un programa de actuación para prever a realización de pintadas na cidade, identificar os autores/as e proceder á eliminación destas.

Ademais, a nivel tecnolóxico, nos próximos meses porase en marcha unha aplicación informática que permitirá xestionar as incidencias detectadas e coñecer as actividades de limpeza viaria que se van desenvolvendo.

Econsellos Sustentabilidade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión