Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de xaneiro de 2019

A Concellería de Medio Ambiente abre hoxe un prazo de tres semanas para solicitar e autorizar ao Concello a limpeza de pintadas vandálicas na Pescaría e Cidade Vella

O Goberno local prevé actuar tamén no resto dos barrios da cidade, para o que é preciso un cambio na ordenanza municipal que xa está en trámite

A Concellería de Medio Ambiente publica hoxe o modelo de solicitude para pedir a limpeza de pintadas vandálicas dentro do ámbito PEPRI e autorizar ao Goberno local a acometer os traballos para esta fin. As persoas e comunidades veciñais que o desexen poden solicitar a actuación subsidiaria da administración local no caso de fachadas de edificios privados que linden coa vía pública e estean no ámbito da Cidade Vella e da Pescaría, nos que o Concello pode actuar en base á necesidade de protección patrimonial, cultural e histórica que se lle outorga á Administración local na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia. O prazo de solicitude e autorización comeza hoxe e finaliza o día 6 de febreiro. O impreso, que pode entregarse en sede electrónica ou no rexistro xeral do Concello, e máis información sobre o proceso poden atoparse na páxina web da Concellería de Medio Ambiente e no seguinte enlace: www.coruna.gal/medioambiente/gl/divulgacion-e-educacion-ambiental/comunicacion/axenda/axenda/plan-limpeza-pintadas-vandalicas-na-zona-pepri/suceso/1453681333496

Unha vez recibidas todas as solicitudes, que se poden acompañar de fotografías das pintadas para facilitar a precisión dos traballos, a Concellería de Medio Ambiente planificará unha intervención en fases que comezará polas rúas e espazos prioritarios debido ao seu nivel de afectación. Ademais, os servizos municipais avaliarán a viabilidade de eliminación das pintadas, atendendo ás dificultades técnicas que poida comportar a súa eliminación ou por razóns de seguridade. O departamento inicia tamén unha fase de divulgación da medida no ámbito PEPRI, no que se repartirá información nos inmobles, locais de comercio e hostalería e centros cívicos e outros equipamentos municipais para garantir a máxima participación de persoas propietarias neste proceso.

O Goberno local prevé actuar tamén no resto de barrios da cidade, que non contan con este tipo de protección patrimonial, para o que levou ao Pleno celebrado o pasado luns unha modificación inicial da ordenanza de xestión de residuos municipais e limpeza viaria do Concello. Este cambio é preciso para que os servizos municipais poidan actuar sobre as pintadas vandálicas que teñan lugar en fachadas de toda a cidade, aínda a pesar de tratarse de inmobles privados. Esta medida forma parte dun conxunto de actuacións deseñadas pola Concellería de Medio Ambiente para actuar, dende distintos ámbitos, contra as pintadas vandálicas. Así, o plan integral contra as pintadas vandálicas tamén traballa na identificación das persoas infractoras mediante un traballo de análise grafolóxica e a mellora do espazo público degradado mediante actuacións artísticas, programa xa en marcha a través da iniciativa Ruarte.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión