Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de abril de 2019

A Concellería de Medio Ambiente dá continuidade á iniciativa Ruarte cun festival de arte urbana que se celebrará no barrio do Orzán o vindeiro 19 de maio

As persoas propietarias de inmobles e locais comercias e de hostalería poden ceder superficies no espazo público para que sexan ilustradas por artistas durante unha xornada festiva

A concelleira de Medio Ambiente, María García, presentou esta mañá o Ruarte Fest, unha iniciativa que se encadra no programa  que ten en marcha o Concello de recuperación do espazo público degradado da cidade a través de accións artísticas. Este evento, como indicou García, terá lugar no barrio do Orzán o día 19 de maio e une tanto á demanda veciñal para facer o espazo público máis acolledor e agradable como a "tradición de arte urbana neste espazo da cidade, e que resulta moitas das veces dos acordos entre persoas propietarias de locais e edificios e artistas locais"; unha tradición, observou, á que se dá continuidade con esta iniciativa. A concelleira salientou que o Goberno local aposta por políticas de coidado do espazo público "que non só tentan atender de maneira correctiva as deficiencias detectadas senón que o fan de maneira preventiva e creativa e fomentando a implicación de diferentes colectivos de artistas, comerciantes e veciñanza".

Con esta perspectiva, dixo, o Goberno local "leva tempo realizando en diferentes barrios da cidade murais artísticos que poñen en valor o espazo e a tradición da Coruña de ilustración e de arte e o Ruarte Fest pretende dar continuidade a esta iniciativa". Será unha festa ao aire libre, que terá actividades para os nenos e as nenas, e que servirá "para fomentar ese acordo entre artistas e os veciños e veciñas do barrio e persoas propietarias de locais comerciais e de hostalería", na que ambos colectivos deberán inscribirse para participar. Deste xeito, a veciñanza pode formalizar, de maneira voluntaria, a cesión do espazo público mentres que as e os artistas deberán presentar as súas propostas de intervención. Para anotarse deberá completarse un formulario online de inscrición na páxina web do proxecto http://ruarte.coruna.gal. O prazo iníciase o xoves e estará aberto ata o 8 de maio.

A participación é de balde para as persoas propietarias mentres que as e os artistas contarán cunha axuda de 200 euros para compra do material preciso para os murais, que se realizarán na xornada do 19 de maio entre as 08.00 e as 20.00 horas. Os tres máis valorados por un xurado -que estará composto por persoal da Concellería de Medio Ambiente, persoal docente de Arte e veciñanza- recibirán premios de 800, 500 e 300 euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión