Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de novembro de 2018

A Concellería de Medio Ambiente incrementa o persoal para o coidado e mantemento dos xardíns históricos da cidade nun novo contrato “á altura da relevancia ambiental e patrimonial destes espazos”

O Concello saca de novo a licitación do servizo, despois de iniciar a resolución do contrato á actual concesionaria pola comisión de infraccións moi graves

A Concellería de Medio Ambiente incrementa o persoal e a dotación prevista para o mantemento dos xardíns históricos da cidade nos pregos de licitación do novo contrato do servizo despois de que o Goberno local iniciara no pasado mes de maio a resolución do acordo coa empresa concesionaria. A edil responsable, María García, indica que a concellería "define con estes pregos un nivel de coidado dos espazos verdes do centro da cidade máis elevado e que está á par da relevancia ambiental e histórica dos parques, que teñen algúns dos exemplares máis sobresaíntes dos que conservamos na Coruña". Así, a nova empresa concesionaria terá que empregar a nove persoas nestes labores de conservación e mantemento dos xardíns históricos fronte ás dúas coas que se conta no anterior contrato, así como realizar investimentos en vehículos, maquinaria e sensibilización ambiental. O novo contrato terá un prezo de licitación de 471.735,71 euros para os catro lotes nos que se divide, o que aumenta nun 45% o investimento respecto ao contrato anterior "unha subida directamente relacionada co aumento do persoal". O contrato é por un ano con posibilidade de prórroga por outro máis.

Tal e como lembra a concelleira, o Concello comezou a preparar os pregos para esta nova contratación ao tempo que se iniciou resolución do contrato coa actual concesionaria debido ás deficiencias constatadas na prestación do coidado dos xardíns máis antigos da cidade, os que albergan as especies con maior valor natural e con máis relevancia histórica e patrimonial, e que se concretaron en dúas infraccións graves. "O Goberno local xa resaltou en 2016 as deficiencias que presentaban os pregos do contrato do mantemento xardíns da cidade, e en especial dos espazos verdes históricos, que deixou preparados no anterior mandato polo Partido Popular e que non foi posible frear. Era evidente que non había persoal suficiente, que este non tiña unhas condicións dignas e que se poñía en perigo tanto o correcto desenvolvemento do servizo como o coidado das zonas verdes", indica García. Neste dous anos de traballo, a Concellería de Medio Ambiente detectou deficiencias graves no servizo pese ás advertencias e sancións impostas, como incumprir ordes relativas ao control de pragas, deixamento na conservación e mantemento e prestación deficiente, en sete xardíns históricos da cidade -Méndez Núñez, San Carlos, Campo da Leña e praza das Atochas, Obelisco, praza da Fariña, praza do Libro e cemiterio de San Amaro-.

Os renovados pregos, que sairán nas vindeiras semanas a licitación, estipúlase a contratación dunha persoa enxeñeira agrónoma, unha trepadora-podadora, unha condutora e cinco oficiais e un auxiliar para tarefas de xardinería. Ademais, a concesionaria deberá destinar 17.000 euros de investimento en vehículos e 31.000 euros en maquinaria e poderá propoñer unha bolsa de ata 70.000 euros para a mellora de infraestruturas, sinalética ou realización de actividades educativas e de sensibilización ambiental. "Este novo contrato permítemos garantir a conservación da única plantación de olmos protexida de Galicia, a que temos nos xardín de San Carlos, ou as palmeiras de Méndez Núñez incluídas no catálogo de árbores senlleiras da Xunta de Galicia", indica García.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión