Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de xullo de 2018

A Concellería de Medio Ambiente instala en 75 palmeiras da cidade un sistema para a detección precoz do picudo vermello

A edil María García explica que se trata dunha medida de prevención para os exemplares con maior valor patrimonial da cidade e que están situados nos xardíns históricos da cidade

A Concellería de Medio Ambiente está a instalar un sistema tecnolóxico que permite detectar nos seus primeiros estadios as infeccións da praga do picudo vermello nas palmeiras da Rosaleda, Cidade Vella e os xardíns de Méndez Núñez. "Estamos a poñer en marcha medidas de prevención para protexer os exemplares con valor singular, ambiental e patrimonial da cidade, para asegurarnos de que a praga non chegue aos exemplares de maior valor da cidade", indica a edil de Medio Ambiente, María García. O escaravello do picudo, un insecto procedente de Asia que chegou á Península hai xa 25 anos, é moi daniño para as palmeiras, en especial das especies canaria e datilera, xa que ataca ao interior da árbore e cando esta comeza a dar síntomas externos o seu estado de deterioro xa é moi avanzado. Por iso, e vendo a afección que está a causar nos concellos da costa de Pontevedra e algúns da ría de Arousa, o Concello comezou esta semana a preparar 75 palmeiras nas que se instalará un sistema de detección sísmica que percibe a vibración que produce o picudo vermello nas primeiras fases de afección.

"Este luns comezaron os traballos de limpeza de copas das palmeiras que son precisos para colocar este sistema, que durante tres anos enviará datos de maneira periódica e alertará en caso de que a praga chegue a estes xardíns históricos", indica García. A concelleira explica que a iniciativa, que ten un custe de 23.000 euros, "é o único sistema que, ata o momento, dá resultados para o coidado preventivo das palmeiras e enmárcase na atención que o Goberno local mantén cos espazos verdes máis antigos da cidade e nos que se atopan os exemplares máis valiosos, tantoa nivel ambiental como dende un punto de vista patrimonial".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión