Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

19 de xullo de 2020

As asistencias do servizo de socorrismo duplicáronse na primeira quincena de xullo con respecto á ultima de xuño

A Concellería de Medio Ambiente informa de que desde hoxe e até o día 24 de xullo as preamares afectarás os horarios de maior afluencia de persoas nas praias municipais

As asistencias do servizo de salvamento e socorrismo nas praias do concello duplicáronse nesta quincena de xullo con 99 actuacións a diferenza das últimas dúas semanas de xuño, en que atenderon a 54 persoas. No que vai de mes, as e os socorristas asistiron a 27 usuarias/os por feridas superficiais e a 17 por cortes, mentres que nove acudiron aos postos por picaduras de escarapotes.

Ademais, rescataron a seis persoas e seis foron trasladadas a centros médicos. Contabilizáronse outro tipo de lesións como cinco traumatismos, tres picaduras de insectos, tres por danos oculares, dúas hemorraxias, dúas abrasións solares ou dúas persoas aqueixadas por mareos. Por último, sete achegáronse por rozaduras en quince días, dos que o 7 e o 8 de xullo supoñeron as xornadas de máis traballo para o servizo con 14 e 10 asistencias, respectivamente.

Canto a xuño, as feridas superficiais foron tamén a causa que máis se repetiu con 17 atendidas/os, o que fai un total do 28% do total de intervencións entre xuño e xullo. Oito persoas cortáronse e cinco sufriron picaduras de escarapote. Nestes quince días, rescataron a outras seis persoas, o que suman unha ducia desde que se activou o servizo. 

Preamares en horario de maior afluencia nos areais

A Concellería de Medio Ambiente, Comercio e Mercados sabendo as dificultades que se producen para acceder a algunhas praias, como Matadoiro ou Lapas polo reducido da súa capacidade, quere informar con antelación suficiente á veciñanza de que, desde hoxe até o vindeiro venres 24 de xullo as  preamares afectarán os horarios de maior afluencia de persoas usuarias polas tardes; en concreto o mércores 22 e o xoves 23 a preamar alcanzar os catro metros.

Desde Medio Ambiente pídese a comprensión da cidadanía á hora de respectar as entradas e saídas polos arcos coa finalidade de que todos poidan gozar das praias con seguridade e sen necesidade de intervención policial.

Puntos limpos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión