Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de outubro de 2022

Comezan os traballos para levantar a duna de protección na praia de Riazor

O obxectivo é evitar o paso de auga ao Paseo Marítimo durante a temporada invernal

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Medio Ambiente, comezou este luns os traballos para levantar na praia de Riazor a duna de area que protexerá o Paseo Marítimo dos posibles temporais costeiros da próxima temporada invernal. O obxectivo, como cada ano, é minimizar o impacto dos fenómenos costeiros no tráfico e nos elementos próximos.

A empresa responsable do servizo utilizará maquinaria especializada para levar a cabo os traballos, que transcorrerán ao longo desta semana. A duna superará os dous metros de altura e situarase na parte intermedia do areal, cunha separación de seguridade con respecto ao Paseo Marítimo.

Durante os próximos seis meses, o persoal de Medio Ambiente revisará de maneira continua esta estrutura para planificar posibles reforzos en caso de ser necesarios. Cada ano, en función dos temporais e fenómenos costeiros, lévanse a cabo unha serie de traballos para reconstruír este elemento de protección.

A duna de Riazor levantouse por primeira vez no ano 1995 como resposta a un forte temporal que derrubou a antiga balaustrada do Paseo Marítimo ao seu paso por este areal. Este tipo de situacións meteorolóxicas danse entre unha e tres veces ao ano de media.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión