Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de diciembre de 2020

Concello e Estado selan o impulso da Axenda Urbana 2030

A alcaldesa, Inés Rey, e o ministro de Axenda Urbana, José Luis Ábalos, asinaron esta mañá en Madrid un protocolo para aseguraren que a aplicación das premisas marcadas neste plan sexan efectivas O Goberno local deseñará un plan de acción de medidas que servirá de modelo para outros municipios de características similares

A alcaldesa, Inés Rey, e o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, asinaron esta mañá en Madrid o protocolo xeral de actuación entre o Goberno do Estado e o Concello da Coruña, co que se materializa a colaboración entre ambas as institucións para conseguir os obxectivos marcados pola Axenda 2030 e mais polas axendas urbanas internacionais. O ministerio comprométese a asumir as competencias relativas ao seu desenvolvemento, difusión e actualización permanente e a cooperar co Goberno local para que se apliquen as cuestións aprobadas a este respecto. Tamén fomentará e elaborará estudos e traballos de investigación relacionados con políticas urbanísticas e do solo, cuxa información recompilará e difundirá.

A alcaldesa asegurou hoxe, tras asinar o acordo que este protocolo suporá para a cidade "a posta en marcha dun marco estratéxico que ten por obxectivo definir un modelo de cidade que mellore a calidade de vida das coruñesas e dos coruñeses e a consecución dunha sociedade máis inclusiva".

A Axenda Urbana, segundo Rey, pretende crear un modelo de cidade urbano sustentable que vertebre a transición económica, ecolóxica, social e cultural das cidades. Trátase de fomentar a cohesión social, ordenar o territorio, facer un uso racional do chan, evitar a dispersión urbana e revitalizar a cidade existente, unha cidade que contamine menos, máis sustentable, con equilibrio económico por sectores e que xere emprego de calidade.

Ademais, a Secretaría Xeral de Axenda Urbana e Vivenda elaborou a Axenda Urbana Española (AUE) dentro dun marco estratéxico, coa que pretenden transformar os espazos urbanos dentro dun proceso en que se concretarán plans de acción en que intervirán os distintos axentes implicados no desenvolvemento das cidades, especialmente, as entidades locais. Por esta razón, a alcaldesa formalizou hoxe o seu compromiso para cumprir coas metas marcadas polas Axendas Internacionais, e máis expresamente coa Axenda 2030 de Nacións Unidas, a Nova Axenda Urbana de Nacións Unidas e a Axenda Urbana para a Unión Europea.

Logo de participar de foma activa dentro do grupo técnico de traballo constituído entre o Ministerio de Axenda Urbana e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) na confección dunha Axenda Urbana Española, o Goberno local achegará un proxecto piloto de plan de acción da axenda no ámbito municipal, que poderá ser útil para outros concellos con características similares. A súa proposta servirá de modelo para pór en marcha, monitorizar e avaliar un plan de acción local da Axenda Urbana Española.

Ambas as partes subscribíronse ao protocolo xunto aos alcaldes de Algeciras, Pamplona e Torrelodones, co fin de traballaren conxuntamente para conseguiren os contidos da axenda cunha visión, coherente e integrada baseada na metodoloxía proposta. A actuación principal será a redacción dun plan de acción por parte do Concello que non xerará ningún tipo de obriga máis alá dunha colaboración entre as institucións a través do asesoramento e posta en común dos problemas ou cuestións que vaian xurdindo. Este proxecto piloto responderá a unha das premisas da axenda consistente no intercambio de coñecemento e experiencias entre os distintos niveis da Administración pública.

Para o seguimento das actuacións, crearase unha comisión mixta, que contará, polo menos, con dúas/dous membros designados por parte da Secretaría Xeral de Axenda Urbana e Vivenda e dúas/dous representantes máis do Concello, que se reunirán como mínimo unha vez por semestre, co fin de avaliaren o desenvolvemento de metas marcadas. O protocolo durará dous anos, prorrogables e extinguirase se non se acordar prolongalo antes do prazo requirido ou polo acordo unánime das partes asinantes.

Desde o ministerio destacaron que A Coruña foi o primeiro concello que, "consciente do potencial da metodoloxía de traballo proposta pola Axenda Urbana Española, ofreceuse para elaborar a súa estratexia a modo de 'proxecto piloto'".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión