Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xullo de 2022

Inés Rey pon o novo mural de Diego As nas Lagoas como exemplo de arte urbana para a mellora das cidades

O artista, autor do mellor mural do mundo no 2021, ultima a súa creación, vencellada co mundo mariño e presidida pola imaxe de Neptuno

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acudiu esta mañá ás Lagoas, onde o artista Diego As ultima o novo mural artístico que, por encargo do Concello, cubre un dos muros situados no Paseo Marítino. Diego As, cuxo mural dedicado a Xulio César en Lugo foi premiado como o mellor do mundo no 2021, é un artista recoñecido internacionalmente. Rey tamén estivo acompañada pola concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán.

A alcaldesa destacou que esta obra "é un paso máis cara unha cidade chea de arte ao aire libre". O Goberno municipal ten como obxectivo fomentar un uso artístico, embelecedor e responsable dos muros da cidade a través desta iniciativa. Inés Rey quixo convidar a máis artistas a sumarse a esta campaña, para a que o Concello buscará dotar de espazos, proxectos singulares e ferramentas a estas persoas.

"O noso obxectivo é converter á Coruña nun gran museo ao aire libre, pero tamén fomentar o respecto e a diversidade na arte urbana", apuntou Rey. A rexedora agradeceu a Diego As o seu excepcional traballo con este mural, que atraeu a numerosas persoas ao lugar durante os últimos días. A pintura ten unhas dimensións de entre 5 metros e 75 centímetros de altura segundo o muro e unha lonxitude de 70 metros.

Pola súa banda, o artista lucense agradeceu a boa acollida desta iniciativa, "que esperta a curiosidade da xente sobre os seres mitolóxicos que compoñen o mural", cunha temática que xira arredor do mar e as súas lendas. A peza amosa, entre outras imaxes, a loita de Hércules contra Neptuno, un deus da mitoloxía romana, mais orixinario da grega.

Contaminación difusa

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión