Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de abril de 2020

Medio Ambiente distribúe cartaces nos centros de saúde sobre o tratamento de residuos das e dos enfermos de COVID

O material gráfico vai acompañado dunha carta da concelleira, Esther Fontán, en que traslada o agradecemento da alcaldesa, Inés Rey, e do seu equipo de Goberno polo labor que está desenvolvendo o persoal sanitario de atención primaria na cidade

A Concellería de Medio Ambiente difunde nos 14 centros de saúde da cidade cartaces sobre a forma axeitada de tratar os residuos das persoas enfermas de COVID que están na casa para que, de xeito visual, as e os afectados e persoal coidador poidan asimilar rápido o procedemento. Segundo a edila, Esther Fontán, "estamos moi satisfeitas/os da boa acollida que están tendo por parte do persoal sanitario ao que xa se lle entregou; por iso non descartamos ir ampliando esta información sinxela e asequible a máis establecementos como farmacias ou supermercados".

O material gráfico vai acompañado dunha carta en que a concelleira, ademais de explicar os contidos e a finalidade dos cartaces, traslada o agradecemento e recoñecemento da alcaldesa, Inés Rey, e do seu equipo de Goberno ao importantísimo labor que se está a desenvolver nos centros de saúde na loita contra esta pandemia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión