Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

18 de xullo de 2020

Medio Ambiente elabora o plan de segas para cumprir co ENIL da Torre de Hércules

Co fin de cumprir este plan, só se segarán camiños, accesos e zonas de descanso na contorna, atendendo exclusivamente a criterios ecolóxicos, sincronizado cos ciclos naturais das especies que alí viven e crían

A contorna da Torre de Hécules foi declarada hai uns meses, de maneira provisional, Espazo Natural de Interese Local - ENIL- (Orden do 27 de decembro de 2019, publicada no DOG núm. 7 o 20 de xaneiro deste ano).

O persoal técnico do Servizo de Medio Ambiente do Concello da Coruña monitoriza e define as directrices de mantemento ecolóxico deste espazo. Así, na actualidade está a elaborar o Plan de conservación desta contorna que determinará os usos e as actividades que se poden desenvolver nela e que son compatibles coa protección dos seus valores naturais para o desfrute da cidadanía respectando a natureza.

Un dos aspectos máis salientables deste novo escenario legal consiste nunha intervención adaptada aos ciclos naturais das especies que alí viven e crían. Nesta liña, elaborouse un documento de xestión das segas con criterios ecolóxicos. As devanditas segas terán lugar antes das choivas, en setembro.

Como é habitual cos plans e estudos que se fan desde o Servizo de Medio Ambiente, o documento ponse á disposición pública. Desde esta área municipal sinalan que "calquera suxerencia sobre o plan será moi benvida" e que a veciñanza pode remitir as súas aportacións a través do enderezo electrónico medioambiente@coruna.es.

Enerxía sostible

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión