Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de febrero de 2020

Medio Ambiente impulsa as charlas educativas “Coida a túa cidade”

O obxectivo é concienciar ao alumnado de secundaria de que as firmas e pintadas nas fachadas e no mobiliario urbano non constitúen ningún tipo de arte urbana senón un acto de vandalismo

O día 11 de febreiro comezan as charlas educativas "Coida a túa cidade", dirixidas ao alumnado de centros educativos de educación secundaria, bacharelato e formación profesional. As charlas son impartidas por membros da Patrulla Verde da Policía Local e por peritos grafólogos expertos en materia de grafiti vandálico que tentan concienciar á mocidade de que as firmas e pintadas nas fachadas e no mobiliario urbano non constitúen ningún tipo de arte urbana nin de demostración de protesta xuvenil senón sinxelamente un acto de vandalismo que ensucia e afea a nosa cidade, e que ademais son actos susceptibles de sanción administrativa. Nas conferencias tamén se lles informa de que a cidade é un espazo para o goce de todos e todas e que debe ser compromiso de todas as persoas o mantela en perfectas condicións.

Desde a Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade informan que para o mes de marzo hai previstas varias charlas, sen datas confirmadas polo de agora, no colexio Santa María del Mar, no IES Elviña e, de novo, no Fernando Wirtz. Ademais, nos meses de abril e maio prevese realizar nalgúns destes centros educativos talleres formativos para o alumnado.

As charlas que están programadas para o mes de febrero son as seguintes:

IES

FECHA

HORA

GRUPO

URBANO LUGRÍS

(Avda. Arteixo)

Martes 11.02.2020

10,25 - 11,15h

1º ESO (50 alumnos aprox.)

Martes 11.02.2020

11,45  - 12,35 h

2º ESO (50 alumnos aprox.)

IES

FECHA

HORA

GRUPO

FERNANDO WIRTZ

(Calle Caballeros)

Jueves 13.02.2020

09,20 - 10,10 h

4º ESO  A, B y C (75 alumnos aprox.)

COLEXIO

FECHA

HORA

GRUPO

COLEXIO COMPAÑÍA MARÍA

(Zona praza Portugal)

Jueves 13.02.2020

11,30 -12,20 h

2º ESO (90 alumnos aprox.)

Jueves 13.02.2020

12,30 - 13,20 h

3º ESO (90 alumnos aprox.)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión