Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xaneiro de 2021

Medio Ambiente traballa nas liñas de subvencións para financiar os gastos das colonias felinas da cidade

A concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán, asegura que “o bo funcionamento das colonias e o control das mesmas é prioritario para a concellería, e o traballo destas asociacións é fundamental nesta tarefa”

A Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade autoriza ás entidades que se encargan das colonias felinas da cidade a continuar coa xestión destas, condicionada a unha declaración responsable, e co engadido de que durante a vixencia desta autorización se lles irán remitindo outros posibles condicionantes destinados ao debido control das actuacións a realizar. As asociacións deberán contar durante o período de tempo da autorización coa condición de asociación de protección e defensa dos animais e de entidade de acción voluntaria, tamén asumirán os custos nos que incurran nas actuacións de esterilización, tratamento, alimentación ou saneamento dos gatos.

A concellería está "a traballar na posiblidade de establecer liñas de subvencións que financien os gastos desta natureza", sinala a edil de Medio Ambiente, Esther Fontán, e lembra que "a data de finalización dos convenios rematou esta mesma semana".

Polo de agora, apuntan desde a concellería, só dúas entidades renunciaron a xestionar as colonias na Praia de Oza e no Barrios das Flores. Esta xestión será ofrecida ao resto das asociación.

O Concello da Coruña, na busca do benestar animal e da salubridade, e contando coa axuda das persoas voluntarias, leva a cabo un programa de vixilancia, protección e control das poblacións de gatos rueiros a través das colonias felinas. 

Desde o ano 2018 viñeronse subscribindo convenios de colaboración con asociacións de protección e defensa dos animais e entidades de acción voluntaria para a xestión de colonias no Barrio das Flores, Praia de Oza, Cárcere-Durmideiras, Rotonda do Pavo Real, Escola de Naútica, Dique de Abrigo-Parrote, Falperra e Sta. Margarida. Neste tempo, o Concello comprometeuse a proporcionar gaiolas de captura e recuperación dos gatos, casetas-comedeiros, pipetas de desparasitación e a sufragar os gastos dos tratamentos sanitarios e cirúrxicos para a esterilización dos animais. Pola súa banda, as asociacións realizan as labores de captura, esterilización e solta, alimentación e mantemento das colonias.

A duración dos convenios era de seis meses, que se foron prorrogando ata o 31 de decembro de 2020. A perfecta integración das colonias na contorna urbana facilitou a convivencia destes animais coa veciñanza, de tal xeito que no pasado mes de setembro sumáronse ás colonias xa existentes outras novas en Palavea, Eirís, Monelos e Os Castros-Paseo de Oza. 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión