Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de outubro de 2020

Nova reunión do Grupo de Acción Local na Coruña

O pasado 22 de outubro tivo lugar unha nova reunión do Grupo de Acción Local (ULG) do Ru:rban na Coruña.

O pasado 22 de outubro tivo lugar unha nova reunión do Grupo de Acción Local (ULG) do Ru:rban na Coruña. A reunión contou coa participación da coordinación do proxecto, o concello, persoas usuarias das hortas urbanos e as súas asociacións, e representantes da comunidade educativa.

O ULG centrouse nos últimos avances do proxecto, en particular na continuidade da política local de hortas urbanas unha vez que finalice o Ru:rban (en xuño de 2021) e a consolidación dun grupo de traballo público-privado con autonomía que contribúa ao seu impulso.

A reunión tamén constituíu unha oportunidade para dar a coñecer unha nova iniciativa de asociacionismo local nas hortas urbanas. Trátase da asociación "De leria na leira". Á súa vez, presentáronse as últimas novidades relativas ao proxecto piloto de hortas urbanas nos centros educativos, que está en marcha e pendente da identificación das necesidades por parte dos colexios. Prevense xuntanzas nas próximas semanas para concretar esta política.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión