Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xuño de 2022

O Concello abrirá ao público a nova zona de baño do Parrote o 15 de xuño

O Goberno municipal remata esta semana os traballos de balizamento e incorporará outra serie de melloras e medidas para que o espazo quede listo para o inicio da temporada de praias

O Concello da Coruña abrirá a nova zona de baño do Parrote o próximo 15 de xuño, coincidindo co comezo da temporada de praias na cidade. A alcaldesa Inés Rey visitou este venres o lugar onde estará permitido o baño á cidadanía.

Durante os últimos días persoal municipal balizou a área xunto ao espigón do Parrote formando un rectángulo paralelo ao paseo peonil cunhas medidas aproximadas de 150 metros de ancho e 50 metros de longo. Ademais, mellorarase a escaleira de acceso á auga, colocaranse dous aros salvavidas e haberá dispoñible unha moto de auga e unha ambulancia na zona.

Por outra banda, tal e como anunciou a alcaldesa, haberá dúas persoas socorristas vixiando este lugar durante a temporada de baño e realizaranse dous varridos diarios da zona e baldeo de auga en días alternos. O Concello tamén chegou a un acordo coa empresa La Solana para ter acceso ás súas instalacións e usar o seu material de emerxencia en caso de necesidade.

A intervención promovida polo Goberno municipal de Inés Rey conta cun orzamento superior aos 44.000 euros, IVE incluído. Unha vez rematada a actuación, realizarase unha inspección de Saúde Pública previa á apertura. Tras cumprir este trámite, a Dirección Xeral de Saúde Pública incluirá O Parrote no programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia. A zona de baño do Parrote pasará entón a ter a mesma categoría que as dos areais da cidade, tendo as persoas usuarias as mesmas obrigas. Con respecto ao marisqueo, chegouse a un acordo coa confraría para facer compatible o baño cos labores das persoas mariscadoras. Retirarase o balizamento os meses de novembro e decembro, cando se prohibirá o baño e o espazo quedará a disposicións das persoas mariscadoras.

O obxectivo desta actuación previa é o de garantir a seguridade das futuras persoas usuarias desta zona. "Dentro de moi pouco, os coruñeses e as coruñesas disporán dun lugar máis onde bañarse e gozar do verán. O meu Goberno municipal busca con esta actuación dotar de todos os servizos necesarios a esta zona, que terá o mesmo status que praias como Riazor", apuntou Inés Rey.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión