Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de xuño de 2021

O Concello anima a cidadanía a participar este domingo na carreira do Plogging Tour en que se recollerá lixo en Bens

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, explicou que a iniciativa está deseñada para todos os públicos e niveis co fin de promover a conciencia medioambiental desde a óptica da limpeza

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, presentou este mediodía o Plogging Tour, que visita este domingo a cidade, despois de pasar por cinco capitais do Estado das once previstas co fin de combinar o exercicio físico coa recollida do lixo na contorna de Bens. A edila sinalou que a iniciativa transcorrerá por unha zona moi bonita e agreste da Coruña, -desde Edar Bens e O Portiño até a cala de Bens-, ao mesmo tempo que abordará a concienciación medioambiental desde a óptica da limpeza. Fontán explicou que unha vez que se recompilen os residuos e os separen en Bens, "darémonos conta do que somos capaces de tirar nos nosos bosques e xardíns". Para a concelleira, a actividade será un bo final para a Semana do Medio Ambiente, en que "agardamos que se animen coruñesas e coruñeses de todas as idades". Desde o repartimento de dorsais ás 09.00 horas en Bens até o comezo da carreira nas distintas modalidades ás 09.45 horas, as persoas participantes desfrutarán dun percorrido que vai desde a módica distancia de 1,2 km até os 8 km en que farán moito pola súa saúde e pola saúde medioambiental, nunha resposta colectiva aos obxectivos que se marca o Goberno de Inés Rey para cumprir coas premisas da Axenda 2030.

Pola súa parte, a organizadora Beatriz Soliva sinalou que nas cidades visitadas até o momento -Ibiza, Teruel, Madrid, Málaga e Mallorca- xuntaron preto de 9.200 kilos de lixo, e remarcou que o Plogging Tour supón unha aposta pola inclusión xa que  está deseñada para todos os públicos e niveis, mais "adaptándose sempre á capacidade permitida e creando grupos burbullas".

Desta forma, as categorías divídense por familias, principiantes e deportistas. Baixo o lema de "Temos o poder de facer moito polo planeta", o domingo tomarán a contorna de Bens, polo que as veciñas e veciños poderán realizar o circuíto, pero tamén desfrutarán dunha carpa de arte e reciclaxe, "en que faremos esculturas cos restos para lles dar unha vida propia, unha segunda oportunidade coa que impulsarmos a economía circular". Co patrocinio de Nationale Nederlanden, a coordinadora agradeceulle ao Concello todos estes meses de traballo conxunto en que buscaron a localización axeitada: "Foi difícil porque esta cidade está moi limpa, mais este espazo necesita acción e conciencia". Así mesmo, destacou a colaboración da Policía Local e Protección Civil, e dos distintos clubs e persoas voluntarias, "algo que está plasmado nas numerosas inscricións que recibimos" en www.ploggingtour.com/a-coruna.

Econsellos Sustentabilidade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión