Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de outubro de 2021

O Concello apoia á cooperativa Mulleres Colleiteiras coa cesión dunha furgoneta a gas

O acto de entrega das chaves tivo lugar na EDAR de Bens, onde o vehículo repostará gratuitamente

O Concello da Coruña, a través da Fundación Emalcsa, entregou este mércores á cooperativa Mulleres Colleiteiras unha furgoneta a gas. Esta mañá tivo lugar o acto simbólico de entrega de chaves na EDAR de Bens á citada asociación, xa que será nestas instalacións onde reposte gas procedente da depuradora de augas de maneira gratuita e limpa.

Con esta iniciativa o Concello amosa o seu compromiso medioambiental e o seu apoio ao tecido asociativo da cidade e a súa contorna. No acto estiveron presentes, entre outros, as concelleiras de Igualdade e Benestar Social, Yoya Neira, e de Medio Ambiente, Esther Fontán.

Este novo vehículo permitirá ás traballadoras de Mulleres Colleiteiras recoller de maneira máis doada o aceite da vía pública. A furgoneta conta cunha rampla adaptada na parte traseira que permite subir ao vehículo sen esforzo cargas pesadas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión