Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de setembro de 2022

O Concello aposta pola concienciación ambiental organizando seis actividades para promover a mellora de praias e ríos

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, asinou un convenio de colaboración con Adega para realizar actividades de protección ambiental entre setembro e decembro

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Medio Ambiente, aposta pola concienciación ambiental da cidadanía e dos distintos colectivos da cidade a través de seis limpezas en praias e ríos, que se levarán a cabo entre os meses de setembro e decembro.

A concelleira Esther Fontán asinou esta mañá un convenio de colaboración con Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) para realizar actividades de protección ambiental que impliquen a eliminación de residuos, o coidado de ríos, a supresión de especies invasoras ou a custodia do territorio. Xunto á edil de Medio Ambiente, estivo presente por parte da asociación a súa vicepresidenta, Verónica Torrijos.

As actividades desenvolveranse nos próximos tres meses, facendo coincidir algunha das limpezas de praias co Día Mundial das Praias, o próximo 17 de setembro. Por outra banda, algunha das limpezas de ríos coincidirá coa Limpeza Simultánea de Ríos do 25 de setembro. Ademais, Adega tamén impartirá unha xornada formativa, que se levará a cabo en novembro, coincidindo coa Semana Europea da Prevención de Residuos.

Esta actividade busca a participación de entidades, centros de ensino, asociacións de pais e nais de alumnos/as, asociacións veciñais e demais colectivos da cidade, ademais de persoas particulares en accións de limpeza que axuden a preservar os mares e os ríos.

O Goberno de Inés Rey amosa deste xeito o seu compromiso co coidado dos océanos e do medio natural. O Concello tamén colabora activamente coa organización do festival Mar de Mares, que fomenta a concienciación a través dunha programación moi variada que se desenvolverá na cidade do 15 ao 18 de setembro. "A contribución das asociacións ecoloxistas no labor de concienciación e compromiso da cidadanía na defensa e conservación das súas contorna naturais é fundamental, e se se trata dunha asociación coa traxectoria e experiencia de Adega, engaden ademais un plus dun enorme e amplo coñecemento do medio natural no que desenvolvemos estas actividades", sinalou a concelleira Esther Fontán.

Enerxía sostible

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión