Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de diciembre de 2021

O Concello aproba por medio millón de euros melloras de mobilidade coa compra de elementos semafóricos

O Concello aproba axudas por máis de 1,1 millóns de euros para promover a rehabilitación en San Vicente de Elviña e Os Mariñeiros

A XGL da luz verde á convocatoria de subvencións para ditas Áreas de Rexeneración e Renovación Urbanas (ARRU), que se suman as subvencións postas en marcha en novembro, por 1,3 millóns de euros, para o mesmo fin no casco histórico, Casas de Franco e grupo de vivendas María Pita

A Xunta de Goberno Local extraordinaria celebrada esta mañá en María Pita aprobou a convocatoria de novas axudas á rehabilitación e reforma de vivendas en Áreas de Rexeneración e Renovación Urbanas (ARRU). Estas subvencións estarán destinadas a inmobles dos núcleos de San Vicente de Elviña e Os Mariñeiros. Este mes de decembro abriuse a convocatoria dos ARRU para a Cidade Vella, Pescaría, Labañou e O Ventorrillo.

O importe total para estas novas axudas será de 1.155.192,55 euros. Do total do importe, 1.049.659,08 euros irán destinados ao ARRU dos Mariñeiros, mentres que 105.443,47 irán para o ARRU de San Vicente de Elviña.

Esta convocatoria ten como obxectivo conceder axudas ás obras de rehabilitación previstas no Plan Estatal de Vivenda, a realizar durante o ano 2022 nos ámbitos declarados como Áreas de Rexeneración e Renovación Urbana. As actuacións subvencionables son a execución de obras ou traballos de mantemento e intervención en edificios e vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos á normativa vixente.

O prazo de presentación das solicitudes será de dous meses a contar desde o día seguinte á publicación do acordo da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O Goberno municipal incrementou o importe subvencionable por unidade familiar, que anteriormente era dun máximo de 12.000 euros. A partir de agora haberá un límite de 22.000 euros, que podería chegar ata os 30.000 euros, segundo o caso. 

Con esta convocatoria, o executivo de Inés Rey suma 2,5 millóns de euros en axudas públicas para promover a rehabilitación na cidade, tamén no ámbito privado, na liña marcada pola alcaldesa de impulso á recuperación do patrimonio histórico local.

Mellora da mobilidade

Por outra banda, a XGL tamén vén de aprobar un expediente que supón a contratación de subministro e instalación de equipamento para a mellora da mobilidade en varias zonas da cidade por 596.995,79 euros. O obxecto do contrato comprende a adquisición de dispositivos acústicos semafóricos, reguladores semafóricos e dispositivos para informar dos tempos de verde nos pasos, mellorando así a seguridade dos peóns nos cruces das rúas da cidade.

Esta partida estará cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España. O prazo de execución de ditos traballos é de catro semanas, polo que se espera que, unha vez saia a licitación e sexa adxudicado, poda realizarse no próximo ano 2022.

Infraestruturas verdes

Entre outros asuntos, a XGL tamén aprobou esta mañá a concorrencia, conxuntamente co Concello de Culleredo a unha liña de axudas da Fundación Biodiversidad para fomentar actuacións dirixidas á renaturalización e resiliencia de cidades españolas, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. 

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión