Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de decembro de 2021

O Concello da Coruña recupera o estanque de Méndez Núñez, totalmente renovado e no que desde hoxe volve haber peixes

A rehabilitación da fonte súmase ás actuacións de mellora levadas a cabo polo Goberno de Inés Rey para a revitalización dos xardíns históricos da cidade

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, visitou hoxe a fonte e estanque dos xardíns de Méndez Núñez, estanque que vén de ser renovado e acondicionado polo Concello e no que dende este mércores, volve haber peixes de auga doce.

Un grupo de nenas e nenos de educación primaria do CEIP Rosalía de Castro liberaron hoxe 50 exemplares de pez dourado que xa forman parte de novo da estampa dos xardíns, e que serán atendidos polos servizos de Medio Ambiente. A recuperación do estanque é unha iniciativa máis do Goberno de Inés Rey dentro do seu proxecto de recuperación integral de Méndez Núñez.

"Unha das primeiras decisións que tomei como alcaldesa foi a de promover a recuperación integral destes xardíns, un espazo incardinado no centro e no corazón mesmo da nosa cidade. Un espazo que, malia o seu relevante emprazamento, estaba descoidado e tíñase convertido nun lugar de celebración de botellóns", explicou Inés Rey.

Rey promoveu a declaración dos xardíns de Méndez Núñez  como Zona de Especial Protección (ZEP), acabando coa práctica dos botellóns nese espazo a principios do ano 2020 e poñendo en marcha diversas actuacións para a recuperación do xardín histórico. As intervencións comezaron coa recuperación da Rosaleda, o almanaque floral e o reloxo dos xardíns, renovándose tamén a estatua de John Lennon cunha guitarra floral.

Ademais, o Goberno de Inés Rey devolveu a estatua de Emilia Pardo Bazán ao seu lugar orixinal, tras quince anos nun almacén. A súa recuperación tamén forma parte do proxecto para devolver a este espazo emblemático da cidade o seu esplendor. Nos xardíns, ademais, está en marcha a renovación do Copacabana despois de que o Goberno municipal sacara a concurso dita concesión.

Xogos inclusivos e un novo parque de maiores

O Concello, ademais, renovou completamente os dous espazos de xogos infantís (pequenos e maiores). As obras de mellora remataron tamén e hoxe abriu ao público o último dos parques, o de maiores, no que se incluiu un xogo especialmente deseñado para que poidan facer uso del pequenas e pequenos en cadeira de rodas. 

Contaminación difusa

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión