Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xuño de 2022

O Concello da Coruña remata os traballos para a renovación das sinalizacións interpretativas nos espazos naturais na contorna da Torre de Hércules e en San Pedro

O Goberno municipal actualizou a cartelería nos ENIL da Torre de Hércules e as Illas de San Pedro, ofrecendo máis información sobre estes espazos e da necesidade de coidar enclaves cun gran valor paisaxístico e ecolóxico

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Medio Ambiente e Sustentabilidade, renovou os paneis interpretativos dos dous espazos naturais do coñecido como Sendeiro Atlántico.

O Sendeiro Atlántico, que parte desde o centro da cidade, na zona do Parrote, percorre o bordo litoral do sector norte da cidade ata a praia do Portiño, alternando tramos urbanizados con outros naturais. Pola súa singularidade e relevancia, destacan os Espazos Naturais de Interese Local (ENIL) da Torre de Hércules e as Illas de San Pedro, os dous enclaves nos que se levou a cabo a renovación da sinalización de información ambiental, con datos sobre a biodiversidade de ditos lugares.

Os traballos para renovar os paneis, cofinanciados con fondos europeos FEDER, enmárcanse no contexto da estratexia de rexeneración urbana Eidus Coruña. Os sinais, que cumpren os requisitos físicos, cognitivos e sensoriais de accesibilidade universal, son integramente de metal, resistentes á exposición das condicións estremas climáticas típicas da costa, como a salinidade, a choiva e a humidade. Ademais, nas vindeiras semanas, o Concello reforzará o dispositivo de interpretación dos paneis con códigos QR e un sistema de información específico para persoas invidentes.

A interpretación dos espazos naturais da cidade

As melloras nas sinalizacións interpretativas na contorna da Torre de Hércules e as Illas de San Pedro forman parte do plan posto marcha polo Goberno de Inés Rey para poñer en valor os espazos naturais da cidade. 

As Illas de San Pedro foron o primeiro enclave da cidade en obter, de forma definitiva, a categoría de ENIL. Situadas fronte ao porto do Portiño, son un pequeno arquipélago granítico composto por catro illas, un hábitat de gran valor paisaxístico e ecolóxico onde predomina a presenza de diversas especies de aves, entre as que destaca o corvo mariño cristado, unha especie en perigo de extinción.

Por outra banda, no ENIL da Torre de Hércules viven máis de 600 especies de pequenos mamíferos, aves, anfibios, réptiles e insectos, que atopan alimento e acubillo nas árbores, matogueiras e praderías da zona.

Consumo de auga

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión