Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Coruña Sostenible

Área de Economía y Planificación Urbana

Cuándo:

13 de marzo de 2021

O Concello inicia os traballos para recuperar a fonte dos Xardíns de Méndez Núñez

Medio Ambiente pon en marcha unha campaña para protexer as palmeiras da cidade contra o picudo vermello.

O Concello, a través da concellería de Medio Ambiente, prosegue co seu plan de recuperación  dos xardíns de Méndez Núñez. Tras a posta en marcha das obras de rehabilitación da Rosaleda, do reloxo floral e parte do céspede, así como poda de árbores co obxectivo de que o parque sexa visible desde o paseo, é a quenda agora de rehabilitar a fonte situada diante da escultura de Concepción Arenal. Xa comezaron os traballos para comprobar o estado da  maquinaría que permite controlar a calidade da auga e o funcionamento da mesma. O Concello espera que a fonte volva estar operativa nas próximas semanas. O proxecto tamén inclúe a eliminación dun pequeno quiosco que leva moito tempo sen ser utilizado e que se atopa en moi mal estado.

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, sinalou que "o traballo de recuperación dos Xardíns de Méndez Núñez  é un compromiso da alcaldesa, Inés Rey, tras conseguir rematar co botellón e da declaración dese espazo como Zona de Especial Protección, ZEP; sen esas actuacións, este espazo tan querido polos coruñesas e coruñeses e admirado polas persoas visitantes, non podería ser recuperado"

Ademais, con motivo da celebración do Día da Muller, data na que se colocaron de maneira provisional distintas especies de flores violetas,  persoal técnico municipal levou a cabo distintas probas na contorna da estatua de Emilia Pardo Bazán co fin de realizaren un deseño floral. Para iso, foi necesario comprobar a calidade do substrato que sufriu moitos danos debido ao botellón. Neste senso, persoal técnico de Medio Ambiente asegura que foi posible a recuperación de parte deste chan.

O Concello tamén ten previsto realizar obras de rehabilitación na zona máis próxima aos peiraos onde se se realizarán labores de saneamento e substituiranse os arbustos por plantas con flores, revisarase o estado dos azulexos e habilitarase novo mobiliario urbano.

Medio Ambiente calcula que en maio estea totalmente recuperada a zona media dos xardíns quedando pendente a zona das palmeiras, onde tan só se realizaron melloras na contorna das estatua dedicada a John Lennon. O proxecto recolle a posta en valor das estatuas dos xardíns. Esta actuación levarase a cabo en colaboración coa dirección de Patrimonio e incluirá ademais a instalación de novas sinais e carteis menos agresivos visualmente que se integrarán na contorna.

Doutra banda, a concellería de Medio Ambiente puxo en marcha a revisión de todas as palmeiras situadas en ámbitos públicos da cidade para protexelas do picudo vermello. A cidade conta na actualidade con 583 palmeiras públicas e 274 en fincas privadas. Técnicos da concellería están a utilizar distintos tratamentos para evitar que este escaravello cause danos irreparables nas especies coruñesas. En concreto, xa se "vacinaron" as 71 palmeiras do recheo e se están revisando o resto de exemplares.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión