Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de maio de 2018

O Concello instalará seis contedores soterrados na rúa San Andrés, que aumentan en 22.000 litros a capacidade de recollida nunha zona “de gran concentración de comercios e restaurantes”

O alcalde, Xulio Ferreiro, asinou esta mañá un convenio coa Deputación da Coruña, que aporta 52.044 euros para a realización da obra

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asinou esta mañá un convenio coa Deputación provincial para o soterramento de seis contedores de residuos urbanos na rúa San Andrés. Trátase de dous novos puntos de recollida do lixo, con tres contedores cada un deles, "que van mellorar o servizo nunha zona da cidade con gran concentración de comercios e espazos de restauración". "É unha obra necesaria e demandada pola veciñanza na que contamos coa colaboración da Deputación da Coruña", apuntou Ferreiro.

O incremento de contedores responde ás necesidades dunha zona cunha alta produción de residuos debido á densidade de locais comerciais e de hostalaría, que absorbe tamén un alto número de tránsito de cidadanía e de visitantes. A Concellería de Medio Ambiente opta pola instalacións destes depósitos soterrados, xa que permiten liberar espazos en superficie para o desfrute do espazo público dentro desta zona Prepi.  

A actuación prevista por Medio Ambiente para ampliar a rede de recollida de residuos nesta área consiste na instalación de dúas plataformas de conterización, que contarán, cada unha delas, cun depósito para residuos orgánicos con capacidade de 3.000 litros e dous para inorgánico, de 4.000 litros cada un. En total, aumentarán en 22.000 litros a capacidade de recollida de residuos na zona.

Estes novos puntos da rede de residuos urbanos estarán situados á altura do número 31 da rúa San Andrés, na súa marxe esquerda, e na confluencia coa rúa Torreiro na parte dereita. A obra ten un custe de 65.056,23 euros, do que o Concello achega o 20%, 13.011,25 euros, e a Deputación da Coruña o 80%, un total de 52.044,98 euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión