Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de marzo de 2021

O Concello participa no cumio de innovación Connecting Nature co proxecto de Hortas urbanas

No encontro virtual, que terá lugar os días 23, 24 e 25 de marzo, expoñeranse distintas actuacións encamiñadas a acadar cidades máis sustentables

O Concello participará no cumio virtual de innovación Connecting Nature, que se realizará do 23 ao 25 de marzo, onde presentará o proxecto de Rede de Hortas Urbanas, unha iniciativa que foi recentemente premiada pola Federación Española de Municipios e Provincias como boa práctica na categoría de Solucións Baseadas na Natureza.

O cumio de Innovación, organizado por Greenspace  Scotland e o Concello de  Glasgow, reunirá a unha audiencia internacional para explorar distintas vías encamiñadas a construír urbes máis verdes e máis sustentables que lle brinden beneficios á cidadanía a través das solucións baseadas na natureza. No encontro, expoñeranse proxectos innovadores de varias cidades de Europa e o do resto do mundo, que servirán para analizar os métodos que están a ser desenvoltos polas socias e socios do proxecto europeo Connecting Nature co fin de aproveitar os beneficios da natureza nas cidades.

Coa implantación deste proxecto, o Goberno local de Inés Rey busca conseguir máis espazos naturais na cidade. Para a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, trátase dunha excelente oportunidade para que cidades tan urbanas como A Coruña camiñen de maneira firme na súa transición ecolóxica. Fontán mostrouse moi satisfeita de que a cidade forme parte dun programa que serve para crear zonas verdes e buscar vías de economía circular, ademais de minimizar o impacto ambiental e garantir un consumo sustentable.

O evento estará aloxado nunha plataforma virtual con paneis de discusión, presentacións, obradoiros e oportunidades para conectar con outras persoas participantes. O rexistro para asistir ao encontro está aberto e é completamente gratuíto.

Más información: https://hopin.com/events/connecting-nature-innovation-summit

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión