Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de febreiro de 2019

O Concello pon en marcha a reconstrución da duna de Riazor para protexer o litoral durante os meses de inverno

A actuación, que estará rematada a mediados desta semana, conta con dúas máquinas bulldozer e o apoio puntual de tres tractores

A Concellería de Medio Ambiente iniciou esta mañá os traballos de reconstrución da duna de contención na praia de Riazor, que actúa como barreira de protección do Paseo Marítimo nos meses máis fríos do ano, nos que se dan as condicións meteorolóxicas máis adversas. A función da duna é evitar que, durante os temporais que se producen no outono e no inverno na cidade, o mar afecte o menos posible ao litoral coruñés, especialmente na área de Riazor á circulación tanto peonil como do tráfico no Paseo Marítimo para evitar situacións de risco. A duna formouse no pasado mes de outubro e esta semana se retoman os traballos para mantela de cara aos meses restantes do inverno.

Así, dous bulldozer traballarán no areal de Riazor na primeira metade desta semana, xa que a actuación ten unha duración aproximada de dous ou tres días, e contarán co apoio puntual de tres tractores. A formación da barreira natural farase entre as 08.00 e as 18.00 horas, coincidindo coa baixamar.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión