Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de xullo de 2021

O Concello presenta os novos contedores e vehículos de recollida de papel, cartón e vidro

A concelleira de Medio Ambiente e Sostibilidade, Esther Fontán, sinalou que a intención do Goberno de Inés Rey “coa introdución destes novos modelos con sistema de carga lateral non só mellorarán a estética da cidade, senón que suporán un salto cualitativo na eficacia e eficiencia da xestión de residuos municipal”. A partir do vindeiro luns, os colectores de recollida de RSU comezaranse a renovar en toda a cidade.

A concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán, presentou esta mañá os novos contedores e vehículos de recollida de Residuos Sólidos Urbanos (RSU), que permitirán o baleirado dos novos contedores de papel, cartón e vidro que se comezarán a renovar en toda a cidade a partir do vindeiro luns.

A concelleira indicou que a intención do Goberno de Inés Rey coa "introdución dos novos modelos de contedores e vehículos de recollida con sistema de carga lateral non só mellorarán a estética da cidade, se non que suporán un salto cualitativo na eficacia e eficiencia da xestión de residuos municipal".

Esther Fontán explicou que esta nova tecnoloxía de recollida na cidade presenta multitude de beneficios respecto do sistema actual, xa que "permite un baleirado máis rápido e silandeiro, reducindo as interferencias co tráfico e as molestias en horarios nocturnos". Doutra banda, permite garantir unha recollida segura en momentos de incidencia do vento e reducir o impacto deste sobre os contedores, que contan cun deseño arredondado que mellora a súa aerodinámica limitando o efecto vela. Ademais, os colectores contarán cun sistema de aliñación que axudará a manter a súa posición na vía e que se instalará unha vez as localizacións sexan validadas pola empresa de recollida.

Na madrugada do 12 de xullo, a empresa prestameira do servizo de subministración, mantemento e limpeza iniciará os seus traballos realizando a substitución en dobre quenda de traballo (mañá e noite) para axilizar os labores e causar as menores molestias posibles á cidadanía. A renovación dos colectores desenvolverase por fases, realizándose inicialmente a substitución das unidades existentes de depósito de papel e cartón, e seguidamente as correspondentes ao depósito de vidro. Nunha fase posterior, incrementarase o número de unidades actual, especialmente de vidro, co obxectivo de fomentar a participación cidadá na reciclaxe, ata un total de 489 unidades de cada residuo, complementándose coas unidades soterradas e  semisoterradas da cidade.

Os tres novos vehículos de recollida de carga lateral son modelos modernos e propulsados con GNC con clasificación ECO. Tamén dispoñen de seguimento por GPS en tempo real e ofrecen un rexistro continuo da actividade do vehículo durante a recollida de cada un dos tipos de contedor -papel, cartón ou vidro-.

Os novos contedores de recollida lateral deberán situarse na marxe dereita da calzada, explican desde a Concellería de Medio Ambiente, razón pola que se iniciaron hai semanas os traballos preparatorios para que a implantación destes novos colectores sexa o máis rápida posible.

Desde Medio Ambiente sinalan que, ademais da mellora estética, ao renovar un parque de contedores xa obsoleto, as proporcións dos novos contedores melloran a seguridade viaria, tendo a altura máis reducida da súa clase, evitando barreiras visuais en cruzamentos e pasos de peóns. A altura das bocas de enchido, máis baixa agora, garante unha mellor accesibilidade: "O 100% serán adaptados a persoas con visión reducida e o 15% contarán con boca adaptada a menor altura para persoas con mobilidade reducida", apuntou a edil de Medio Ambiente.

Todos os contedores, que son feitos 100% en Galicia, contan con tapas pechadas e bocas calibradas para facilitar a vertedura adecuada dos residuos e evitar o depósito incontrolado doutros materiais. Por este motivo, apuntou Fontán, non requiren de pedal de accionamento.

Consumo de auga

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión