Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

5 de febreiro de 2021

O Concello reclama compensacións económicas para o colectivo de mariscadoras/es durante a dragaxe da ría

O Goberno local pídelles á Xunta e ao Estado que establezan as competencias á hora de lles axudar de forma individual e colectiva no período de 24 a 36 meses en que se saneará O Burgo

O Concello reivindica que o colectivo de mariscadoras/es de a pé e os de a flote reciban un apoio institucional durante o tempo que dure a dragaxe da ría do Burgo licitada para este ano. O Goberno local solicítalles aos departamentos xurídicos estatais e autonómicos que se poñan de acordo para lle adxudicaren esta competencia á Consellería do Mar ou ao Ministerio de Medio de Ambiente. Trátase de lles dar unha compensación económica e mais unha seguridade xurídica a preto de 80 traballadoras/es do mar que non poderán saír mariscar nun período de dous a tres anos.

                                                                                       

No pasado mes de novembro, os concellos da Coruña, Culleredo e Cambre asinaron unha declaración xunto á Mesa da Ría, a Plataforma en defenda da Ría, a Universidade da Coruña e a Confraría de Pescadores da Coruña, en que lles reclamaban ás dúas administracións que tomasen en consideración as alegacións formuladas pola Mesa onde se lles facía ver que as perdas económicas pola paralización debían ser recompensadas mentres non se garantiren as condicións óptimas para poder mariscar. Tamén os instaban a formaren unha comisión de seguimento entre todas as entidades implicadas no proxecto xunto aos axentes sociais afectados polo saneamento.

A visita desta mañá da conselleira do Mar, Rosa Quintana, á cidade serviu para que a Confraría de Pescadores da Coruña lle recordase tamén a súa situación como colectivo que subsiste en parte á venda de marisco e que deixará de ter ingresos entre 24 e 36 meses. Deste xeito, o Concello ve preciso que as axudas sexan individualizadas e colectivas como grupo de traballadoras/es que sufrirán un cesamento da súa actividade laboral.

Calidade do aire e ruído

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión