Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de marzo de 2018

O programa 'A pé de barrio' inicia a limpeza intesiva de 217 rúas de Labañou, San Roque, Riazor, Cidade Xardín, Mestre Mateo, Agra do Orzán, Santa Margarida, Vioño, Ventorrillo e Sagrada Familia

A iniciativa municipal realizou, desde a súa posta en marcha, 8.295 actuacións de coidado do espazo público na cidade

O programa municipal de coidado intensivo do espazo público A pé de barrio chega este xoves ao Distrito 9 da cidade, tras finalizar onte os traballos no Distrito 5. Iníciase, deste xeito, a limpeza integral con auga e actuacións de mellora en 217 rúas de 11 barrios da cidade, como son Sagrada Familia, Vioño, Ventorrillo, Agra do Orzán, Peruleiro, Santa Margarita, Mestre Mateo, Cidade Xardín, Riazor, Labañou e San Roque. Ademais da limpeza integral, levaranse a cabo actuacións de coidado dos espazos públicos, que inclúen a reparación e substitución de contedores e papeleiras, retirada de pintadas, control de pragas, reparación e reposición do alumeado público, revisión da rede eléctrica e actuacións de saneamento. Efectuarase tamén a retirada de herbas nas rúas e beirarrúas do distrito, a sega e escarda de alcorques do arborado nas zonas axardinadas e outras actuacións de mellora e coidado de parques e xardíns. Durante os 57 días previstos de traballo dentro do programa A pé de barrio neste distrito, en materia de rexeneración urbana levaranse a cabo accións de eliminación de fochancas nas calzadas, pavimentación e substitución de baldosas en mal estado nas beirarrúas, así como a reparación e substitución de elementos do mobiliario público, ademais da reposición e repintado de sinalización horizontal e vertical, e actuacións de coidado do ornato público. Os traballos comezan tras a finalización das intervencións en 65 rúas do Distrito 5, conformado polos barrios de Valaire, A Zapateira e San Vicente de Elviña, nas que o Concello realizou un total de 377 accións de coidado do espazo público. Entre elas inclúense 143 intervencións de reparacións de beirarrúas, repitando de pasos peonís e substitución de baldosas ou revisión de fontes e alumeado, ademais de actuacións de repavimentación. Ao longo dos 14 días de traballo acometéronse 195 actuacións de reparación e reposición de contedores, retirada de pintadas ou reasentamento das tapas dos rexistros da rede de sumidorios, entre outras. Os traballos completáronse con 39 accións en zonas verdes e axardinadas do Distrito 8. 

Oito distritos    

Desde a súa posta en marcha o pasado mes de xuño, A pé de barrio realizou un total de 8.295 actuacións de coidado do espazo público en oito distritos do concello coruñés (10, 4, 3, 1, 7, 2, 8 e 5), entre as que se inclúen 1.71 de alumeado público --substitución de lámparas e equipos auxiliares, revisión de centros de mando ou reposición de elementos da rede eléctrica--, 1.171 en materia de fonte --control de calidade e salubridade de augas, limpeza e retirada de sólidos flotantes ou traballos para a eficiencia no aforro de auga e electricidade, entre outros--, 712 en parques e xardíns e outras 4.528 relacionadas con reparación ou substitución de contedores e papeleiras, control de plagas e incidencias con aves, ou reasentamento de tapas da rede de sumidoiros. 

Durante estes meses, nos que se achegou a información sobre o programa a 3.159 comercios e establecementos de hostalería, o plan municipal  impulsado pola área de Medio Ambiente realizou limpeza intensiva con auga e retirada de herbas en 970 rúas da cidade e 450 baldeos nocturnos --parte do Plan Especial de verán-- en prazas por toda a cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión