Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de marzo de 2019

O programa intensivo de coidado do espazo público 'A pé de barrio' regresa á zona da Sagrada Familia, Vioño, Ventorrillo, Agra do Orzán, Peruleiro, Santa Margarida, San Roque, Mestre Mateo, Cidade Xardín, Labañou e Riazor

O plan municipal volve por segunda vez ao Distrito 9 logo de realizar máis de 600 actuacións nas rúas de Mesoiro, Novo Mesoiro, Feáns e das urbanizacións Breogán e Obradoiro

O programa municipal intensivo de coidado do espazo público A pé de barrio regresa esta fin de semana ao Distrito 9, conformado polos barrios de Sagrada Familia, Vioño, Ventorrillo, Agra de Orzán, Peruleiro, Santa Margarida, Mestre Mateo, Cidade Xardín, Riazor, Labañou e San Roque. O plan, posto en marcha en xuño de 2017, propón o reparto equitativo dos recursos municipais vinculados ao coidado do espazo público, de xeito que, ao longo dos 12 meses do ano, A pé de barrio realiza actuacións vinculadas tanto á rexeneración urbana como ambiental, de xeito integral, nos 10 distritos da cidade. Desta maneira, desde onte, venres 22, e até o vindeiro 15 de maio, os distintos servizos municipais desenvolverán actuacións específicas sobre un total de 217 rúas e prazas destes once barrios.

A iniciativa regresa por segundo ano consecutivo ao Distrito 9 logo de realizar 657 actuacións no Distrito 4, que abrangue os barrios de Mesoiro, Novo Mesoiro e Feáns, así como as urbanizacións Obradoiro e Breogán. Os traballos neste ámbito realizáronse entre os días 2 e 21 de marzo. No eido da rexeneración urbana, fixéronse 388 actuacións, entre as que se atopan a mellora e conservación de beirarrúas e superficies peonís, a reparación e o bacheo de calzadas, a reparación e renovación de luminarias, a conservación e mantemento de fontes ornamentais, o pintado de pasos peonís ou axustes na rede semafórica, entre outras.

Ademais, durante os 15 días de traballo, realizáronse 269 intervencións vinculadas ao medio. Así, levouse a cabo a limpeza viaria profunda con auga e retirada de vexetación espontánea nun total de 51 rúas e prazas do Distrito 4. Nestes espazos realizáronse tarefas de retirada de pintadas ou pegatinas no mobiliario público, ademais de gomas de mascar, así como de limpeza de pavimentos en zonas de áreas infantís e espazos lúdicos. O plan A pé de barrio tamén supuxo 33 intervencións de coidado e mellora de parques, sega e roza de xardíns e zonas axardinada; actuacións de control de pragas ou  o mantemento e reposición de contedores e papeleiras.

Para máis información sobre este programa municipal, pódese visitar a páxina web específica do mesmo,  www.coruna.gal/apedebarrio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión