Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de novembro de 2018

O programa municipal ‘A pé de barrio’ inicia mañá o coidado do espazo público no Barrio das Flores, Matogrande, Lonzas, polígonos de Elviña e contorna da Estación de Ferrocarril

O plan, que se prolongará até o 7 de xaneiro, regresa por segunda vez á zona logo de realizar máis de 2.000 actuacións de rexeneración urbana e medio ambiente no Distrito 8

O programa municipal intensivo de coidado do espazo público A Pé de Barrio regresa mañá, 12 de novembro, ao Distrito 7, que comprende o Barrio das Flores, Matogrande, polígonos de Elviña, Lonzas e a contorna da Estación de Ferrocarril. Así, os distintos servizos municipais actuarán, até o 7 de xaneiro, nun total de 82 rúas da cidade, nas que realizarán, de xeito coordinado, diferentes intervencións de coidado do espazo público e rexeneración urbana, tales como limpeza viaria profunda, retirada de herbas da rúa, revisión e reposición da sinalización vertical, repintado de semáforos e pasos peonís ou limpeza e axustes en xogos biosaudables e infantís, entre outras. Realizaranse tamén actuacións concretas de mellora da accesibilidade, conservación e mantemento das superficies peonís ou do mobiliario urbano, ademais da reparación de firmes  ou a revisión de acometidas eléctricas. De todas estas accións o goberno local está a informar a máis de 200 establecementos de hostalería e comercio da zona, para que dispoñan de toda a información do plan municipal ao seu comezo.

Este domingo finaliza o desenvolvemento da segunda edición do plan municipal no Distrito 8, no que se inclúen os barrios dos Castros, Gaiteira, Catro Camiños, Sardiñeira, San Cristovo das Viñas, Os Mallos, A Falperra, Ensanche e Santa Lucía. Ao longo de 46 días de traballo, leváronse a cabo 2.011 actuacións de coidado do espazo público. Destas, 1.033 foron intervencións nas que se realizaron melloras e conservación das beirarrúas e superficies peonís, reparación e bacheo de calzadas, renovación de luminarias, conservación e mantemento de fontes ornamentais ou axustes na rede semafórica, entre outras. Entre as máis destacadas, sitúanse as reubicacións e repitado dos pasos de peóns, así como axustes na rede semafórica, na glorieta da avenida de Monelos coa rúa Alcabaleiros.

En canto ás actuacións vinculadas ao medio ambiente, A Pé de Barrio supuxo a limpeza viaria profunda para 242 rúas e prazas do distrito, nas que se retiraron pintadas e pegatinas do mobiliario público ou gomas de mascar, ademais de vexetación espontánea. Nestes 46 días de traballo, efectuáronse accións de coidado e mellora de parques, xardíns e zonas axardinadas, así como de mantemento e reposición de contedores ou de papeleiras, e de limpeza de pavimentos en zoas de áreas infantis e espazos lúdicos. Tamén desde o 18 de setembro resolvéronse incidencias co arborado e actuouse ou intervencións de control de pragas. Antes e durante o desenvolvemento do programa, como é habitual, leváronse a cabo visitas a máis de 200 establecementos comerciais e de hostalería para achegar información sobre o plan.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión