Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de abril de 2021

O proxecto CovidBens diferenciará as distintas variantes do virus detectadas nas augas residuais e a porcentaxe de cada unha delas na carga total

A alcaldesa da Coruña e presidenta de Edar Bens SA, Inés Rey, subliñou a importancia dunha investigación pioneira en España, realizada por unha empresa pública, que é clave desde hai un ano para tomar decisións na loita contra a pandemia

Un ano despois de poñelo en marcha, o proxecto de investigación CovidBens, que rastrexa o coronavirus SARS-CoV-2 nas augas residuais da Coruña e da súa área metropolitana, achegará os resultados da secuenciación das diferentes variantes do virus detectadas e a porcentaxe de cada unha delas sobre o total das cargas virais. Ademais de mostrar as curvas de evolución da COVID-19 -tanto a global como as desagregadas para os cinco municipios-, de estimar o número de persoas infectadas e servir de alerta temperá, este traballo pioneiro en España, realizado pola empresa pública supramunicipal Edar Bens SA, responsable do tratamento das augas residuais da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros, dará máis pasos adiante buscando controlar a pandemia na comarca.

Con motivo do seu primeiro aniversario, a presidenta de Edar Bens SA e alcaldesa da Coruña, Inés Rey, subliñou a importancia e utilidade "dun proxecto pioneiro, realizado por unha empresa pública en colaboración coa Universidade da Coruña e outros organismos científicos tamén públicos". "CovidBens é un elemento clave na toma de decisións das autoridades sanitarias na loita contra a pandemia e ademais ofrécelle datos á cidadanía na súa web practicamente en tempo real e coa máxima transparencia", destacou Rey. Grazas ao seu modelo matemático único, e a partir da cantidade de material xenético do virus presente na auga residual, CovidBens pode calcular aproximadamente o número de persoas infectadas na poboación, xa sexan sintomáticas ou asintomáticas e serve como alerta temperá ante posibles gromos, xa que demostrou ser capaz de se adiantar até 18 días con respecto aos datos que expuxera o sistema sanitario.

O traballo do equipo de científicos de CovidBens, composto por microbiólogas/os, enxeñeiras/os informáticas/os, químicas/os, estatísticas/os e enxeñeiras/os de camiños do INIBIC, UDC, CHUAC, CITIC, CITEEC e da propia Edar Bens SA, presentouse en numerosos foros científicos internacionais, entre eles, o 4th Town Hall Meeting Designing the EU Sewer Sentinel System for SARS-CoV-2, que definirá os próximos pasos da UE neste ámbito fundamental para combater a pandemia.

Separación de residuos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión