Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de maio de 2018

O Punto Limpo Móbil pasará no mes de xuño por dez localizacións da cidade

O servizo de reciclaxe do Concello da Coruña estará dispoñible de martes a sábado polas mañás, de 9.00 a 14.15 horas, durante todo o mes

A Concellería de Medio Ambiente dá a coñecer a situación do Punto Limpo Móbil para este mes de xuño, no que o servizo se achegará a dez localizacións distintas da cidade. En concreto, mañá, 1 de xuño, e o sábado 2, instalarase no barrio de Monte Alto, no Campo de Marte. Á semana seguinte, o servizo itinerante recalará os días 5 e 6 na contorna da praza de Pontevedra, na rúa Modesto Goicuiría; de cara aos días 7 e 8 na Agra do Orzán, na praza das Conchiñas; e, finalmente, o sábado 9, en Mesoiro, na rúa Illas Sisargas. A continuación, o Punto Limpo Móbil situarase, entre os días 12 e 14, na rúa Capitán Juan Varela, xunto á Audiencia Provincial, e os días 15 e 16 na zona peonil da rúa Gaiteira, á altura do número 31. Na semana do San Xoán, do 19 ao 21 a cidadanía poderá facer uso do servizo da área de Medio Ambiente no Castrillón, na praza Pablo Iglesias, mentres que o 22 e 23 poderase achegar até Os Castros, na avenida da Pasaxe, no treito situado entre os números 25 e 33. De cara á última semana do mes, a veciñanza poderá depositar os seus residuos entre o día 26 e 28 na praza Luís Seoane, nos Novos Ministerios, e os día 29 e 30, en Lonzas, xunto ao parque infantil da avenida de Cádiz.  

En horario de 09.00 horas a 14.15 horas, as persoas que o desexen poderán empregar este servizo para depositar pequenas cantidades de certos residuos do fogar que non teñen cabida nos contedores das rúas, tales como aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, pilas CD, cristal, lámpadas e fluorescentes, pinturas de vernices, radiografías ou tóner, así como roupa, zapatos, xoguetes e pequenos electrodomésticos (televisores, microondas e computadoras). O vehículo conta cun operario para poder axudar á cidadanía a depositar cada residuo no contedor correspondente. A Concellería destaca que este servizo facilita a xestión de residuos e promove a reciclaxe a través da recollida selectiva.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión