23 de xullo de 2024
A Comisión de Seguimento reunirase diariamente e dará conta dos avances que se produzan
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta mañá a primeira Comisión de Seguimento da emerxencia sanitaria ante o conflicto no servizo de recollida de lixo. A rexedora estivo acompañada pola concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, ademais de técnicos municipais das diferentes áreas.
Esta comisión ten por obxectivo coordinar a emerxencia sanitaria declarada no día de onte así como analizar o estado actual da recollida de lixo na cidade e o seguimento dos actos vandálicos que se están a producir. A Comisión de Seguimento reunirase diariamente e dará conta dos avances que se produzan.
Incidencias
Na pasada noite, houbo tres incendios en colectores nas rúas Mosteiro de Sobrado, Mariana Pineda e Eugenio Carré Aldao. Nos tres casos o lume afectou a vehículos que se atopaban nas proximidades. A Policía Local identificou a dous sospeitosos en relación á queima de colectores, que foron postos a disposición da Policía Nacional, responsable da investigación.
Segundo os últimos recontos, arredor de 125 contedores foron queimados nas últimas semanas, cun custo total aproximado de 375.000 euros.
O proceso de contratación da empresa
Continúa aberto o prazo, ata as 10.00 horas do 24 de xullo, para que as empresas interesadas en prestar o servizo de recollida, nos puntos de insalubridade identificados polo Concello, presenten as súas ofertas.
Unha vez pechado o prazo, o Concello valorará as diferentes propostas para levar a cabo o encargo co obxectivo de que poda empezar a recollida o antes posible.
Porcentaxes de recollida por zonas da pasada noite
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible