Concello da Coruña

Concello da Coruña

A execución do mural de Neptuno nas Lagoas vaise completando

A fin de semana podería estar finalizado

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/07/2022

Xa rematou

O rostro de Hércules defínese aos poucos xunto a un Neptuno impoñente e xa perfectamente visible no mural que o artista lucense Diego AS (Lugo, 1989) pinta nas Lagoas, nun dos muros do Paseo Marítimo en dirección á Torre. De temática mitolóxica e centrado no mar, este mural de grandes dimensións (5 metros de alto na súa parte máis alta e 70 metros de largo) desprégase en branco e negro como un carbón xigante que comparte protagonismo co mar.

Promovido pola Concellaría de Medio Ambiente do Concello da Coruña, a elaboración deste mural enmárcase nun proxecto que pretende difundir a arte urbana e embelecer os espazos públicos, grazas á creatividade de numerosos artistas galegos, moitos deles locais. Deste xeito a cidade convértese en escaparate doutra forma de crear arte ao aire libre.

Diego AS, que pinta murais urbanos desde hai máis de dúas décadas, sumará con este Neptuno e Hércules un proxecto e unha cidade a un currículo que inclúe grandes deseños en localidades como Lugo (o seu inmenso Xulio César xunto á muralla romana), Castroverde (Hipatia de Alexandría), San Esteban de Gormaz (O Cid), Oviedo, Málaga, Madrid, Barcelona, Granada e Porto, entre outras. En 2021 foi recoñecido como autor do mellor mural urbano do mundo, segundo o portal belga Street Art Cities, que desde 2016 trata de dar eco á mellor arte urbana.

O Concello pretende dar continuidade ao mural nun futuro coa utilización da superficie que se estende ata a Casa do Home, e na que plasmarían os seus deseños algúns dos artistas gráficos locais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión