Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aberto o novo axardinamento e zona infantil de Novo Mesoiro

A nova zona verde ocupa unha superficie de 10.000 m2 situados entre as rúas Ribeira Sacra e Fragas do Eume

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/07/2022

Xa rematou

Desde o venres 22 de xullo pódese acceder á nova zona verde creada no barrio de Novo Mesoiro, situada entre os seis bloques de edificios que forman as rúas Ribeira Sacra e Fragas do Eume, e que se estende ao longo dun quilómetro.

Este espazo de titularidade privada, habilitado como axardinamento pola Concellería de Medio Ambiente, que será a que se ocupe do seu mantemento, conta con dous paseos laterais axardinados e equipados con bancos e papeleiras. Entre eles esténdese unha franxa central na que se instalou unha pequena zona de xogos infantís cun tobogán de tubo, outro aberto e unha pequena ladeira de escalada. Ademais, dispúxose unha pérgola con forma de folla que alberga dúas mesas e bancos de formigón, adaptados para persoas con algunha discapacidade.

As áreas verdes tupíronse con plantas trepadoras no noiro central, céspede e diversas especies arbóreas (quercus palustris, rododendros, camelias, bidueiros...), mentres que a parte pavimentada cubriuse de caucho de cores vistosas no espazo creado para os xogos infantís e xabre con cemento na restante superficie, o que facilitará a drenaxe ao terreo. A diferenza de cota que rexistra o terreo supuxo a maior dificultade técnica na execución dunha obra que se iniciou a pasada primavera.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión