Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Aprobación inicial do Plan local de protección da ribeira do mar contra a contaminación

Ábrese o prazo para presentar alegacións e suxestións á aprobación inicial do Plan local de protección da ribeira do mar contra a contaminación.

Cando:

Dende o 10/07/2020 ata o 20/08/2020

Este evento xa rematou

Documentos:

Anuncio no BOP do 09.07.2020 (72 KB)

O Pleno do Concello da Coruña do pasado 2 de xullo deu a súa aprobación inicial ao Plan local de protección da ribeira do mar contra a contaminación que agora sométese ao trámite de información pública.

Este plan  ten por obxectivo dotar ao Concello da Coruña dunha estratexia e operativa que permita coordinar a prevención, o control e a loita eficaz dun suceso de contaminación costeira accidental, a fin de preservar a saúde das persoas, o medio natural e a seguridade dos bens e servizos dentro do seu ámbito de aplicación de acordo cos recursos locais dos que se dispoña.

Así mesmo, o Plan é un dispositivo plenamente integrado no Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal) e no Sistema Nacional de Resposta.

O contido íntegro do documento pódese consultar a través do seguinte enlace ou en papel nas oficiñas da Concellaría de Medio Ambiente (r/Pedro Ferrer, s/n, 5ª planta, 981 184 315).

O anuncio da aprobación inicial do Plan figura no Boletín Oficial da Provincia do 9 de xullo (BOP núm. 104).

Dende o día seguinte ao da súa publicación e durante un  período de 30 días hábiles poderánse presentar alegacións ou suxerencias, a través de calquera  dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/15, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das Administracións públicas.

O prazo remata o próximo 20 de agosto.

Calidade do aire e ruído

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión