Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Aprobado o Programa de Xestión Responsable de Colonias Felinas

O programa permitirá controlar as poboacións felinas de forma ética e non letal garantindo o seu seguimento sanitario e a estabilización progresiva das colonias.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/06/2026 ata o 31/12/2026

Documentos:

Decreto aprobación Programa Xestión Responsable Colonias Felinas (137 KB)

O Concello da Coruña aprobou o pasado 1 de xuño o seu Programa de Xestión Responsable de Colonias Felinas, un documento que establece o marco de actuación municipal para a xestión dos gatos comunitarios e que dá cumprimento ás obrigas establecidas pola Lei 7/2023, de 28 de marzo, de protección dos dereitos e o benestar dos animais.

Este programa configura un modelo estruturado, estable e baseado en criterios técnicos para abordar a presenza de colonias felinas na cidade, atendendo tanto ao benestar animal como á convivencia cidadá e á protección da saúde pública e da biodiversidade.

A estratexia municipal articúlase arredor do método CER (Captura, Esterilización e Retorno), un sistema que permite controlar as poboacións felinas de forma ética e non letal. A través deste modelo, os gatos comunitarios son capturados de maneira controlada, esterilizados, identificados e devoltos ao seu territorio, garantindo ao mesmo tempo o seu seguimento sanitario e a estabilización progresiva das colonias.

O programa incorpora, ademais, un enfoque de colaboración no que participan activamente distintos axentes: o propio Concello, as persoas voluntarias coidadoras, as entidades de protección animal, os servizos veterinarios e outros departamentos municipais. Esta cooperación resulta fundamental para garantir a eficacia das actuacións e a súa continuidade no tempo.

Entre as medidas previstas inclúense a creación e mantemento dun rexistro municipal de colonias felinas, o desenvolvemento de protocolos específicos de actuación (en ámbitos como a atención sanitaria, as emerxencias ou a presenza en zonas sensibles), así como campañas de formación, información e sensibilización dirixidas á cidadanía.

O documento aprobado ten carácter de instrumento técnico de planificación e xestión, o que permite organizar de maneira coordinada os recursos municipais nesta materia e establecer unha base sólida para a implantación progresiva do programa en toda a cidade. A súa aplicación desenvolverase de maneira ordenada e sostida no tempo, co obxectivo de garantir unha implantación eficaz, coherente e duradeira do conxunto das medidas previstas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión