Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Comeza a tempada de praias 2025

A limpeza dos areais intensificarase durante os meses estivais, para mantelos en condicións para que se poidan desfrutar

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 15/06/2025 ata o 15/09/2025

As praias do municipio da Coruña son imprescindibles na axenda de moitos cidadáns e cidadás que acoden cada verán a algún dos distintos areais urbanos tomar o sol, bañarse ou facer exercicio. Son un punto de encontro fundamental para a cidadanía e supoñen un valor natural e patrimonial que nos identifica.

A través de distintos servizos o Concello traballa cada ano en buscar a súa sustentabilidade e a recollida de residuos e a súa limpeza constitúen unha responsabilidade municipal que se materializa con especial coidado.

Co comezo da tempada de praias, esta fin de semana comeza o servizo de limpeza dos areai,s que se desenvolverá durante os tres meses comprendidos entre o 15/06/2025 e o 15/09/2025 (temporada alta) e abranguerá as praias de Riazor, O Orzán, O Matadoiro, Santo Amaro, As Lapas, Oza-Lazareto e O Portiño, que suman unha superficie total de 46.809,00 m2

A limpeza das praias levarase a cabo diariamente, de luns a domingo, en tres quendas:

-Durante a noite (entre as 00.00 e as 7.00 horas) realizarase unha limpeza mecanizada de todas as praias, na que intervirán dous equipos de cinco persoas con dous tractores limpa-praias, un vehículo auxiliar tipo piaggio e dúas furgonetas recolledoras, ademais de certos útiles habituais de limpeza (angazos etc.). Ademais da limpeza da area e da beira da auga, levarase a cabo diariamente tamén un baldeo mecánico e unha limpeza manual de todos os accesos ás praias cun equipo de dúas persoas e un camión cisterna.

-Durante a mañá (entre as 7.00 e as 14.00 horas), o servizo de limpeza das praias estará integrado por un equipo de catro persoas, un tractor limpa-praias, un vehículo auxiliar tipo piaggio, unha furgoneta recolledora e varios útiles de limpeza. O uso do tractor nesta quenda limitarase a media mañá, pois a chegada dos/as usuarios/as impide prolongar o uso de maquinaria. Tamén se realizará un baldeo mixto nos accesos das praias que non se baldean pola noite, cun equipo de dúas persoas e un camión cisterna.

-Durante a tarde (entre as 14.00 e as 21.00 horas) o dispositivo estará integrado por dúas persoas que se desprazarán entre praias con útiles de limpeza e dous vehículos auxiliares tipo piaggio para facer un repaso manual, fundamentalmente dos puntos de acceso e as papeleiras, para manter así en debidas condicións a contorna. As tarefas de limpeza desenvoltas por este dispositivo abarcarán a limpeza da superficie das praias; a recollida, retirada e transporte de calquera residuo depositado nas praias (inclúese todo tipo de lixo e desperdicios, mesmo animais mortos, produtos envasados de orixe descoñecida, restos minerais, algas etc., todos eles xestionados a través de xestores autorizados); e a recollida, retirada e transporte do lixo depositado nas papeleiras e nos colectores de recollida selectiva localizados na area e na contorna das praias.

Un ano máis o Concello contará cunha subvención da Deputación da Coruña incluída no Programa MA100: SUBVENCIÓNS A CONCELLOS DA PROVINCIA PARA LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS, que contribúe a financiar o custo do servizo e que este ano supoñerá a provisión de 25.973,08 €, dos que xa se adiantou o 50% en pago anticipado.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión