Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Comeza o período de exposición pública da Ordenanza municipal para o uso racional e sostible das praias do Concello da Coruña

As personas interesadas poderán presentar alegacións e propostas á aprobación inicial deste novo documento durante un prazo de trinta días hábiles (dende o 17.06.2025 ata o 30.07.2025)

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/06/2025 ata o 30/07/2025

Organiza:

Concellería de Medio Ambiente

Documentos:

Ordenanza para o uso racional e sostible das praias do Concello da Coruña (1 MB)

Ordenanza para el uso racional y sostenible de las playas del Ayuntamiento de A Coruña (1 MB)

A Coruña é unha cidade aberta ao mar, cun litoral de praias e calas que son moi frecuentadas tanto pola nosa veciñanza coma pola xente que visita a nosa cidade na época estival. Así mesmo, as nosas praias están moi vinculadas á celebración de eventos deportivos e culturais de gran tradición e que contan cunha ampla afluencia.

Malia que moitos aspectos da regulación do uso das praias estaban xa encadrados noutras ordenanzas municipais, a necesidade de adaptarse á normativa vixente para afrontar os retos actuais derivados do cambio climático, a protección do patrimonio natural e a vixilancia e prevención de riscos sanitarios aconsella elaborar unha ordenanza que regule o uso racional e sostible das praias, buscando establecer os criterios que faciliten a compatibilidade entre o desfrute das praias e calas municipais coa súa protección natural, a convivencia, e a seguridade das persoas usuarias.

Na sesión plenaria do pasado 5 de xuño o Pleno do Concello da Coruña acordou aprobar inicialmente o texto dunha nova Ordenanza municipal para o uso racional e sostible das praias do Concello da Coruña. Do mesmo xeito, acordouse someter a dita aprobación aos trámites de información pública e audiencia as persoas interesadas polo prazo de trinta días, que se contarán dende o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP núm. 113 do 16 de xuño de 2025). Durante ese prazo calquera persoa interesada poderá presentar as reclamacións ou suxestións que entenda procedentes a través dun rexistro administrativo, conforme regula a Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (artigos 14 e 16).  

No caso de que non se presenten reclamacións nin suxestións, entenderase definitivamente aprobada a modificación da Ordenanza municipal para o uso racional e sostible das praias do Concello da Coruña. A aprobación definitiva e o texto final serán publicados no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, sen que entren en vigor ata que se leve a cabo a citada publicación e transcorra o prazo de 15 días hábiles referido no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Pódese consultar o texto íntegro da nova ordenanza nos documentos adxuntos ou no tablón de edictos do Concello da Coruña.

Anuncio BOP 16.06.2025 (prazo alegacións 17 de xuño a 30 de xullo de 2025, ambos incluidos).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión