Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Continuación dos procedementos administrativos declarados de interese xeral

Dende o 22 de maio continuarase a tramitación da meirande parte dos procedementos administrativos xestionados pola Área de Medio Ambiente ao seren declarados de interese xeral por acordo da Concelleira Delegada de Medio Ambiente e Sostenibilidade (BOP núm. 71 do 22.05.2020).

O 14 de marzo do 2020 o Goberno español declarou mediante Real Decreto 463/2020 o estado de alarma en todo o territorio español para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, cunha duración inicial de quince días naturais.

A situación actual obrigou a que o estado de alarma tivese que ser prorrogado varias ocasións.

O Real Decreto 463/2020 establece na súa Disposición Adicional Terceira a suspensión dos termos e a interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do Sector Público, agás cando se acorde motivadamente a continuación daqueles procedementos administrativos que sexan indispensables para a protección do interese xeral.

A Concelleira Delegada de Medio Ambiente resolveu o  pasado 15 de maio declarar, en aplicación do disposto no parágrafo 4 da dita disposición adicional, que os procedementos administrativos que a continuación se sinalan son procedementos cuxa tramitación resulta indispensable para a protección do interese xeral, e acorda-la súa continuación:

  • Procedementos de solares
  • Procedementos de insalubridade en edificios
  • Procedementos de conexión á rede de sumidoiros
  • Procedementos de permiso de verteduras á rede de saneamento
  • Procedementos de licenza para a tenencia de cans potencialmente perigosos
  • Procedementos de rexistro de cans potencialmente perigosos
  • Procedementos de cualificación de cans potencialmente perigosos

Lémbrase que os procedementos incluídos na actual campaña de prevención de incendios xa foron declarados de interese xeral o pasado 21 de abril.

Consumo de auga

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión