Concello da Coruña

Concello da Coruña

Instalada a nova sinalización da Senda Atlántica

A nova cartelería dispúxose ao longo da senda que transcorre pola contorna da Torre e as illas de San Pedro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/06/2022

Xa rematou

A Concellería de Medio Ambiente, dentro da execución da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (EDUSI) financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), está a desenvolver a liña de actuación número 2 "Memoria do bordo litoral e fluvial: recuperación de enclaves de costa, fontes, lavadoiros e cursos fluviais do municipio", que inclúe a instalación dunha serie de recursos de sinalización sobre a Senda Atlántica que discorre pola costa.

Nos últimos meses deseñouse, confeccionouse e instalouse cartelería interpretativa sobre a contorna natural deste carreiro, que se estende polos ENIL (Espazo Natural de Interese Local) de Torre de Hércules e illas de San Pedro. Estes traballos supuxeron a colocación dun panel informativo próximo ás illas e outros tres nos accesos á Torre, así como 4 mesas informativas.

Nas próximas semanas engadiranse códigos QR aos paneis instalados e sistemas de información específica para invidentes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión