Concello da Coruña

Concello da Coruña

Listaxe provisional de admitidos/as no procedemento de autorizacións para as ecohortas dos parques Oza e Carlos Casares

Aberto o prazo para que as entidades admitidas presenten a documentación precisa.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/02/2021 ata o 08/03/2021

Xa rematou

Organiza:

Concellería de Medio Ambiente

Documentos:

Resolución admitidos 22.02.2021 (113 KB)

O Servizo de Medio Ambiente está a tramitar o procedemento para a concesión de autorizacións para o uso de hortas urbanas no Parque de Oza e no Parque Carlos Casares, a favor de asociacións sen ánimo de lucro, de acordo co disposto nas bases reguladoras da citada convocatoria, publicadas no BOP do 22 de decembro de 2020.

Unha vez finalizado o prazo de presentación das solicitudes o día 9 de febrero de 2021, e unha vez revisada a documentación achegada polas entidades solicitantes, publícase a seguinte relación provisional de entidades admitidas e a documentación que deben achegar, para emendar a súa solicitude.

AUTORIZACIÓN DE USO DE HORTA URBANA NO PARQUE DE OZA:

- Asociación de Leira na Leira (G01978741) 

AUTORIZACIÓN DE USO DE HORTA URBANA NO PARQUE DE CARLOS CASARES:

- Asociación de Leira na Leira (G01978741)

- Asociación Ecos do Sur (G15354483): Deberá achegar memoria explicativa do proxecto (apartado 7 b) das bases da convocatoria

- Asociación Veciñal Atochas-Monte Alto (G15038243)

O prazo para presentar a documentación requirida será de 10 días, que se contarán a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no sitio web www.coruna.es/medioambiente (publicado o 22.02.2021). Unha vez transcorrido o dito prazo sen que se presente a documentación requirida, considerarase que a/o interesada/o desiste da súa petición nos termos establecidos no art. 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das aministración públicas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión