Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Nova convocatoria de reparto de composteiros domésticos

O programa actual permitirá distribuir 80 composteiros entre as personas físicas, centros educativos e entidades sen ánimo de lucro que cumplan os requisitos da convocatoria

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/08/2026 ata o 10/09/2026

Xa rematou

Documentos:

Solicitude de composteiros (198 KB)

O Concello da Coruña a través do Servizo de Medio Ambiente pon en marcha o programa "Composteiros domésticos Coruña 2026" dirixido a persoas, centros educativos e entidades sen ánimo de lucro que dispoñan de espazos verdes nos que compostar e transformar os residuos orgánicos xerados nun fertilizante para plantas.

O programa permitirá distribuir gratuitamente 80 composteiros domésticos de 300 litros entre todas aquelas persoas interesadas en colaborar no tratamento de residuos de orixe doméstica. 

Coa compostaxe recíclase a materia orgánica e redúcese a cantidade de residuos que acaban no colector. Deste xeito, os residuos non viaxan porque quedan na casa o que permite cerrar o ciclo da materia orgánica, coma na natureza, ademáis de contribuír a frear o cambio climático.

Para participar só hai que ser persoa física, centro educativo ou asociación sen ánimo de lucro, dispor dun terreo, xardín, horta ou espazo adecuado para a instalación dun composteiro doméstico e empregar o compost obtido. 

Inicialmente, reservaranse 30 unidades para centros educativos e asociacións sen ánimo de lucro, e as restantes 50 unidades, para persoas físicas.

Pódense consultar as bases desta convocatoria na seguinte ligazón (bases) e solicitar o uso dos composteiros empregando algún dos formularios arriba incluidos. O prazo para presentar solicitudes se abre o 21.08.2026 e remata o 10.09.2026 (15 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia).

As solicitudes deberán de presentarse no Rexistro Xeral do Concello da Coruña ou a través de calquera das outras formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. 

Os composteiros asignaranse entre quenes cumpran os requisitos da convocatoria por rigorosa orde de entrada da súa solicitude. 

As personas, centros ou entidades ás que se lles asigne un composteiro recibirán:

  • Un composteiro de 300 litros con aireador.
  • Un manual informativo.
  • O asesoramento, información e seguimento por parte do Concello.
  • A axuda dunha persoa especializada, que realizará un mínimo de 2 visitas de seguimento durante o primeiro ano.

A compostaxe permite fomentar hábitos sostibles e ambientalmente responsables, incrementa a participación da veciñanza nas políticas municipais de prevención e xestión de residuos e reduce a cantidade de residuos orgánicos depositados nos colectores municipais, entre outras vantaxes.

Consulta máis información sobre o programa de composteiros nesta páxina  Compostaxe doméstica

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión