Concello da Coruña

Concello da Coruña

O concurso CAL É O TEU DESEXO PARA O PLANETA xa ten gañador

As propostas máis frecuentes dos participantes foron as relacionadas co cambio climático, a conservación de mares e bosques e o coidado dos animais

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/01/2023 ata o 31/01/2023

Xa rematou

Con motivo das festas de Nadal, a Concellaría de Medio Ambiente e Sostibilidade organizou desde a caseta que tiña instalada no Mercado de Nadal da praza de María Pita, un concurso para os nenos/as da cidade no que se lles preguntaba Cal é o teu desexo para o Planeta?.

Para participar bastaba con ter entre tres e once anos, boas e esperanzadoras ideas para a nosa convivencia en igualdade e harmonía co Planeta e, por último, era necesario plasmar un deses bos desexos nun papel adhesivo numerado. A continuación, ese papel fixábase sobre as figuras dunhas árbores colocadas diante da caseta, de maneira que se mostrasen todos os desexos e que o resto de concursantes puidesen votar polo número do seu preferido. Cada número correspondía co nome dunha nena/o concursante da listaxe que custodiaba a organización. En total recibíronse 146 desexos.

Para o concurso fixáronse tres categorías de idade:

Categoría 1: de tres a cinco anos

Categoría 2: de seis a oito anos

Categoría 3: de nove a once anos

Só a Categoría 1 podía contar coa axuda dalgunha persoa adulta, por razón da idade destes concursantes. As educadoras á fronte das sucesivas xornadas na caseta velaron pola limpeza de todo o procedemento.

As propostas máis votadas e, por tanto, gañadoras son as seguintes:

Categoría 1

  • Cachorros con mucha familia (Rosalía - 5 anos)
  • Todos los gatos con casita (Zoe - 5 anos)
  • Que cuidemos a los pajaritos (Valeria - 5 anos)
  • Que non haya más incendios, para que los animales puedan comer (Cloe - 3 anos)
  • Muchos arbolitos (Mateo - 4 anos)
  • No pegar a las plantas y animales (Lucas - 4 anos)

Categoría 2:

  • Que non tiren lixo ao mar (Paula - 6 anos)
  • Sen animais en perigo de extinción (Matías - 6 anos)
  • Coidar aos animais aínda que che de medo, non se poden matar por exemplo as serpes (Simón - 8 anos)
  • Non contaminar os ríos (Lola - 6 anos)
  • Que nunca se acaben as árbores ( Jorge - 7 anos)

Categoría 3:

  • Que dejen de tirar basura a los ríos y mares (Angélica - 9 anos)
  • Deseo que el planeta sea libre y que la magia exista para que el planeta esté limpio y sin contaminación (León - 9 anos)
  • Proteger la fauna y flora mundial para tener un planeta sano (Antía - 10 anos)
  • Quisiera que todos los países estuviesen en paz y que haya paz mundial (Matías - 9 anos)
  • No a la guerra sí a la paz, la compañía y la compasión para el mundo entero (Mateo - 9 anos)

As propostas do Nadal dos nenos/as da nosa cidade demostran unha gran sensibilidade co medio ambiente global e, tamén, co da nosa cidade. Gañan os desexos relacionados con atallar o cambio climático (que non se derritan os polos, que o mundo non sufra por auga, que a terra non se enferme, que se acabe a contaminación, que todo o mundo coidase do planeta, que se cumpran os ODS 2030,...), a preocupación pola conservación dos mares e os bosques, e unha extraordinaria empatía cos animais. Non son poucos, ademais, os que desexan máis lugares libres de vehículos e espazos abertos nos que pasear e gozar en familia.

A Concelleira de Medio Ambiente e Sostibilidade entregou os premios do concurso (un lote de tres libros de temática ambiental e un xoguete de madeira para cada un dos participantes premiados) na Casa da Auga.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión