Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Prolongación do Plan Municipal de Prevención de Incendios 2020

O prazo para cumprir co Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais 2020 esténdese ata o 16 de xullo.

Cando:

Dende o 29/04/2020 ata o 16/07/2020

O 14 de marzo do 2020 o Goberno español declarou mediante Real Decreto 463/2020 o estado de alarma en todo o territorio español para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, cunha duración inicial de quince días naturais.

A situación actual obrigou a que o estado de alarma tivese que ser prorrogado varias ocasións, sendo lóxico pensar que aínda poida estenderse no tempo.

O Real Decreto 463/2020 establece na súa Disposición Adicional Terceira a suspensión dos termos e a interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do Sector Público, agás cando se acorde motivadamente a continuación daqueles procedementos administrativos que sexan indispensables para a protección do interese xeral.

A Concelleira Delegada de Medio Ambiente resolveu o  pasado 21 de abril declarar os procedementos administrativos enmarcados dentro da campaña anual de prevención de incendios do Concello da Coruña para o ano 2020 procedementos cuxa tramitación resulta indispensable para a protección do interese xeral.

Polo anterior, lémbrase ós titulares das parcelas incluídas na rede secundaria de faixas de xestión da biomasa deste concello, así como ós titulares dos correspondentes dereitos de aproveitamento, a obriga que teñen de xestiona-la biomasa vexetal (roza e retirada) e de corta-las especies arbóreas prohibidas pola Disposición Adicional 3ª da Lei 3/2007 (entre elas, piñeiros, eucaliptos e acacias), nunha franxa de 50 metros perimetrais a:

  • Solo urbano, de núcleo rural e urbanizable (franxa definida no Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Coruña, publicado no BOP nº 60, do 14 de abril).
  •  Edificacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais.
  •  Construcións illadas en solo rústico

O prazo máximo para cumprir con esta obriga estenderase ata o día 16 de xullo de 2020, segundo a Resolución da Consellería do Medio Rural de 28 de abril do 2020 (DOG número 82, do 29 de abril).

Quen deba desprazarse para realizar estes traballos levará consigo unha declaración responsable onde se identifiquen as leiras nas que vai traballar, coa súa referencia catastral (modelo de declaración responsable dispoñible ao final deste texto).

De non levar consigo as ferramentas ou utensilios para desenvolver as ditas actividades, incluirán na declaración responsable que os teñen depositados na parcela ou lugar determinado.

O incumprimento das ditas obrigas conlevará a tramitación do correspondente procedemento, segundo o disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Consulte no seguinte recuadro a documentación relativa á campaña de prevención de incendios deste ano.

Calidade do aire e ruído

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión