Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Sega no ENIL da Torre de Hércules

Elaborado o Plan de sega sincronizada coa natureza no ENIL da Torre de Hércules

Cando:

17/07/2020

Este evento xa rematou

A contorna da Torre de Hécules foi declarada hai uns meses, de maneira provisional, Espazo Natural de Interese Local - ENIL- (Orden do 27 de decembro de 2019, publicada no DOG núm. 7 o 20 de xaneiro deste ano).

O persoal técnico do Servizo de Medio Ambiente do Concello da Coruña monitoriza e define as directrices de mantemento ecolóxico deste espazo. Así, na actualidade está a elaborar o Plan de conservación desta contorna que determinará os usos e as actividades que se poden desenvolver nela e que son compatibles coa protección dos seus valores naturais, para o disfrute da cidadanía respectando a natureza.

Un dos aspectos máis salientables deste novo escenario legal consiste nunha intervención adaptada aos ciclos naturais das especies que alí viven e crían. Nesta liña, elaborouse un documento de xestión das segas con criterios ecolóxicos. As ditas segas terán lugar antes das choivas, en setembro.

Como é habitual cos plans e estudos que se fan desde o Servizo de Medio Ambiente, o documento ponse á disposición pública. Calquera suxerencia sobre o mesmo será moi benvida. Podes remitir as túas aportacións a través do correo electrónico medioambiente@coruna.es

Preme aquí  para acceder ó plan.

Separación de residuos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión