Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña Sostible

A pé de barrio

Que é A pé de barrio?

Plan intensivo de mellora do espazo público

Un plan intensivo de mellora do espazo público que se suma ao traballo diario de limpeza e mantemento. As rúas e prazas son o lugar no que convivimos, a cidade en común. Se as coidamos, gañamos en benestar para todos e para todas.

Que imos facer?

Daremos a volta á cidade nun ano. Doce meses, dez distritos.

Barrio a barrio, levaremos a cabo tarefas de limpeza e reparación do mobiliario urbano, a iluminación pública, os sinais, as beirarrúas, a calzada etc.

Como o faremos?

1. Escoitamos

Contamos contigo para que nos deas información de primeira man a través destas canles:

  • chamando ao 010
  • participando no #DilloTi
  • Falando co tecido asociativo e o comercio de proximidade
  • Contribuíndo aos orzamentos participativos

2. Planificamos

Os servizos municipais avalían toda a información recibida e elaboran un plan de acción.

3. Intervimos

Enriquecemos o mantemento diario e actuamos de maneira intensiva unha vez ao ano.

Necesitamos a túa colaboración

Participa coas túas suxestións no 010 antes do 19 de xuño, ou axúdanos liberando a rúa de coches (cando che toque, avisaremos con tempo) para facilitar a intervención.

A túa comprensión estas semanas é importante, pero a túa cooperación todo o ano é imprescindible.

O que é bo para ti, é bo para o teu barrio e para toda a cidade. Contamos contigo.

O día 19 de xuño comezamos polo distrito 10:

Monte Alto, Zalaeta-Orzán, A Torre-Orillamar, Cidade Vella-Maestranza, Durmideiras e Pescaría...

Avisos e eventos

  • Composta Coruña

    Cartel Composta Coruña

    Cando:

    Dende o 02/03/2017 ata o 01/03/2020

    Campaña de compostaxe doméstica

  • (A)COLLE PARA LLES DAR VIDA

    Campaña acollida de animais

    Cando:

    Dende o 22/11/2016 ata o 28/02/2018

    O Servizo de Medio Ambiente pon en marcha a campaña (A)COLLE de adopción responsable de cans e gatos que se atopan nol centro municipal de acollida animal

Axenda

Enerxía sostible

Más información

Subscrición ao boletín co2ruña

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Aviso legal

De conformidade co establecido no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos de carácter persoal declarados polo interesado pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado, cuxo responsable de tratamento será o Concello da Coruña, e cuxas finalidades e usos previstos serán os seguintes: Xestión de datos de identificación e contacto de cidadáns que solicitan algún tipo de información ou documentación ao Concello a través do portal web municipal. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados nestes ficheiros poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Pza. María Pita, número 1), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da citada Lei orgánica 15/1999.

  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?