Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Emisións radioeléctricas

A expansión acelerada no sector da radiocomunicación, especialmente no da telefonía móbil, obrigou á implantación dun gran número de instalacións e infraestruturas (antenas e estacións base). Estas tecnoloxías enriqueceron e fixeron máis fácil a vida pero, ao mesmo tempo, a cidadanía tamén mostrou preocupación e inseguridade polos posibles riscos sanitarios asociados, especialmente no que se refire ás emisións radioeléctricas dos teléfonos móbiles e as estacións base de telefonía.

Neste sentido, o Concello da Coruña quixo dar resposta á preocupación cidadá e á demanda comprensible de información sobre emisións radioeléctricas, ofrecendo información de calidade á poboación sobre os niveis de campo electromagnético aos que se ve sometida (datos a tempo real) e a súa relación cos niveis de referencia establecidos pola normativa actualmente en vigor.

Ademais, ponse a disposición da cidadanía información relativa á Rede de vixilancia das emisións radioeléctricas, a Rede de telefonía da cidade, o Catálogo de Técnicas de Mimetización, documentación de caracterización de emisións e lexislación, tanto europea como nacional, relativa ás emisións radioeléctricas, etc. Toda a información pódese consultar no seguinte enlace:

Ir a Calidade ambiental

Separación de residuos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión