Concello da Coruña

Concello da Coruña

BREOGÁN MOTOR, S.L.

Condicións do servizo

1.- Titular:

BREOGAN MOTOR, S.L.

CIF: B- 15.585.102

c/ Newton, 1

Polígono Industrial da Grela

15008 A Coruña

2.- Dirección da instalación:

c/ Gambrinus, 13

Polígono Industrial da Grela

15008 A Coruña

3.- Establecemento dedicado a exposición, venda e reparación de vehículos:

CNAE: 09.4520: Mantemento e reparación de vehículos a motor

IAE: 654.1 Comercio polo miúdo de vehículos terrestres

IAE: 691.2 Reparación de vehículos automóbiles

RDPH: Clase 1, Grupo 0, Servizos

4.- Tipoloxía de augas residuais:

- Vertedura de augas residuais domésticas

- Vertedura de augas residuais non domésticas, provenientes do lavado de vehículos

- Vertedura de augas pluviais

5.- Coordenadas UTM pozo de conexión á Rede de sumidoiros municipal (hoxe unitario):

X: 546.718

E: 4.800.364

6.- Coordenadas UTM da arqueta de toma de mostras, posterior ao separador de graxas (A instalación conta cun sistema de depuración separador de lodos, a continuación):

X: 546.721

E: 4.800.310

7.- Caudal de auga consumida da Rede Pública Municipal:

497 m3/ano

8.- Rede de pluviais:

Neste momento a instalación interior é unitaria, do mesmo xeito que a instalación municipal na vía pública.

Preséntase proxecto de separación de pluviais e resto de vertedura (fecais + industriais), e futuro punto de conexión previsto á Rede Municipal.

Cunha versión estimada de preto de 17.000 € e un prazo de execución de 1,5 meses.

No momento que o Concello da Coruña, dispoña de sistema separativo na vía pública, diante da súa fachada, terá un prazo de tres meses para executar as obras reflectidas no seu proxecto construtivo (BOP nº 129 de 10 de xullo de 2015).

9.- Valores límite de emisión e parámetros a controlar:

Valor medio diario máximo

Valor instantáneo máximo

Aceites e graxas

100 mg/l

150 mg/l

Amoníaco

30 mg/l

30 mg/l

Cloruros

2.000 mg Cl/l

2.000 mg Cl/l

DBO5

500 mgO2/l

1.000 mgO2/l

DQO

1.000 mgO2/l

1.500 mgO2/l

Fluoruros

10 mg F/l

10 mg F/l

Fosfatos

60 mg F/l

60 mg F/l

Hidrocarburos totais

15 mg/l

15 mg/l

Nitróxeno amoniacal

30 mg N/l

50 mg N/l

Nitróxeno Kjeldahl

40 mg N/l

50 mg N/l

PH

5,5 - 9

5,5 - 9

Sólidos en suspensión

500 mg/l

1.000 mg/l

Sulfuros disoltos

0,3 mg/l

0,3 mg/l

Tensioactivos aniónicos

6 mg MBAS/l

20 mg MBAS/l

Sólidos en suspensión

Sólidos en suspensión

1.000 mg/l

Tensioactivos aniónicos

Tensioactivos aniónicos

20 mg MBAS/l

10.- Horario de Vertedura:

Será o horario de apertura do establecemento

11.- Prazo para adaptarse aos límites de vertedura:

Segundo a documentación achegada, xa cumpre a instalación neste momento os límites de Vertedura.

12.- Programa de control de Verteduras:

. Trimestralmente deberanse de realizar analíticas na arqueta de control dos seguintes parámetros:

- Aceites e graxas

- Hidrocarburos totais

. A toma de mostras e as analíticas deberán de ser efectuadas por laboratorio homologado.

. Anualmente deberanse de analizar os parámetros do apartado 9) desta Autorización.

. Anualmente remitiranse ao Concello da Coruña os resultados delas analíticas trimestrais e anuais.

. Anualmente remitiranse ao Concello da Coruña os recibos de Xestor autorizado da retirada dos aceites e graxas e dos lodos.

. Anualmente remitirase ao Concello o consumo de auga da Rede Pública.

13.- Prazo e validez do permiso de Vertedura:

Oito anos desde a Notificación da concesión da Autorización de Vertedura, salvo os condicionantes do Artigo 15.5 da citada Ordenanza Municipal.

14.- Actuacións e medidas que deben de ser postas en caso de emerxencia:

. Se unha analítica das recollidas trimestralmente dá valores por encima dos límites, deberá de comunicarse, antes de 24 horas ao Concello para tomar as medidas oportunas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión